02 decembro 2025

Convocatoria LXXVII TORNEO DE NADAL (Dende 1948)

Torneo de xadrez dende 1948

Data: 21 de Decembro de 2025

Local de xogo: Centro Comercial Espacio Coruña - segunda Planta.

Ritmo de xogo: 10 minutos cun incremento de 3 segundos por xogada (10'+3").
Valedoiro para ELO FIDE e aberto a todas as idades. No caso de non ter licenza federativa, a organización prestase a súa tramitación.

Premios

  • 1º: 80€
  • 2º: 60€
  • 3º: 50€
  • 4º: 40€
  • 5°: 30€
  • 1º Veterano/a (+55, nados no ano 1969 e anteriores): 25€
  • 1º Clasificado/a ELO FIDE RAPID <1800: Trofeo e 20€
  • 1º Clasificado/a ELO FIDE RAPID <1600: Trofeo e 20 €.
  • 1º Clasificado/a sub8 (nados no ano 2017 e posteriores): Trofeo.
  • 1º Clasificado/a sub10 (nados no ano 2015 e posteriores): Trofeo.
  • 1º Clasificado/a sub12 (nados no ano 2013 e posteriores): Trofeo.
  • 1º Clasificado/a sub14 (nados no ano 2011 e posteriores): Trofeo.

Medalla para todos os participantes sub-14

NOTA: Os premios non serán acumulables, pasando ó seguinte clasificado da categoría correspondente.

Sistema de xogo

Suizo a 7 roldas.

Emparellamentos

Realizaranse mediante programa informático (Vega); non se admitirán reclamacións salvo erros na introducción de resultados antes da publicación da seguinte rolda.

Tempo de espera

Ata caída de bandeira.

Bye

Os deportistas poden solicitar os bye que desexen, sendo nas 3 primeiras roldas de 0'5 puntos e no resto de 0 puntos, avisando a organización antes do comenzo da rolda 1. Os bye por imposibilidade de emparellamento serán de 1 punto.


Horario de xogo

Presentación: 15:50

rolda: 16:00 5ª rolda: 18:20
rolda: 16:35 6ª rolda: 19:00
rolda: 17:10 7ª rolda: 19:40
rolda: 17:45

Entrega de premios: 20:20 aprox.

Desempates

  1. Encontro directo (DE)
  2. Mayor Num de partidas jugadas (REP)
  3. Media de performance dos rivais ( APRO)
  4. Bucholz corte-1 (BH-C1)
  5. Bucholz Total (BH)

Inscricións

https://app.cluber.es/clubes/675c3449170a3492443342/pagos/692d9dec951d9647806878

para calquer consulta en xdm@xadrecista.eu ou no telefono 652 696 531. Prazo ata o 19 de decembro, inclusive ou completar aforo de 110 xogadores.

Cota: Xeral 10€; Xogadores xogadores do club Xadrez Das Mariñas e Club Coruña Ajedrez 5 €, Titulados FIDE tanto masculino como femenino, gratis

Información: www.xadrezdasmariñas.org; no teléfono 652 696 531 e www.info64.org.

Datos adicionais

  1. Os participantes no torneo autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios de comunicación que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (listaxes de resultados, clasificacións, participantes, xogos, etc).
  2. As decisión arbitrais serán inapelables.
  3. A inscrición no torneo leva aparellada a aceptación deste regulamento. Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.
  4. A organización reservase o dereito de admisión e o de rectificar ou modificar estas bases simplemente mediante publicación na web www.xadrezdasmariñas.org.
  5. Límite de participantes: 110.

Organiza: Xadrez Das Mariñas

Colabora: Club Coruña Ajedrez


PALMARES TORNEO NADAL ARTESANOS DA CORUÑA

ED ANO CAMPION ED ANO CAMPION
I1948Venancio CarroXXXVIII1986J.P. Gª Melgar
II1950Venancio CarroXXXIX1987José R. Roldán
III1951J. RoblesXL1988José Larrosa
IV1952J. RoblesXLI1989Manuel Arias
V1953J. RoblesXLII1990Carlos Permuy
VI1954Enrique VadilloXLIII1991S. Lozano
VII1955Fernando PradaXLIV1992Carlos Permuy
VIII1956Fernando PradaXLV1993M. García
IX1957Venancio CarroXLVI1994Domingos Merino
X1958Fernando PradaXLVII1995José Sande
XI1959Enrique VadilloXLVIII1996Jorge Amil
XII1960Enrique VadilloXLIX1997Jose A. Glez. Coto
XIII1961C. CarballeiraL1998José Manuel Bello
XIV1962Domingos MerinoLI1999José Fdez. Otero
XV1963J. MourizLII2000Marco Fernandez-España
XVI1964Domingos MerinoLIII2001José Manuel Bello
XVII1965J.A. SardinaLIV2002Victor Goday
XVIII1966Enrique VadilloLV2003José Manuel Bello
XIX1967Fernando PradaLVI2004Jorge Graña
XX1968Domingos MerinoLVII2005José Larrosa
XXI1969Jesús PallasLVIII2006Jorge Rodriguez Guillén
XXII1970Venancio CarroLIX2007Jesús Varela
1970Jesús PallasLX2008Javier Castrillón
1970A. ToméLXI2009Javier Mazaira
XXIII1971Enrique VadilloLXII2010Victor Goday
XXIV1972Fernando PradaLXIII2011Oscar de Prado
XXV1973Domingos MerinoLXIV2012Dani Pousada
XXVI1974Fernando PradaLXV2013Francisco Pedreira
XXVII1975Jose A. Glez. CotoLXVI2014José Sande
XXVIII1976J.A. SardinaLXVII2015Rafael Alonso
XXIX1977Jose A. Glez. CotoLXVIII2016Sabela Iglesias
XXX1978Jose A. Glez. CotoLXIX2017Tomás Bodelón
XXXI1979Fernando PradaLXX2018Pablo Aboy
XXXII1980Fernando PradaLXXI2019Javier Mazaira
XXXIII1981Jose A. Glez. CotoLXXII2020Daniel Pousada
XXXIV1982Bernard SakulskiLXXIII2021Rodrigo Pena
XXXV1983José Manuel BelloLXXIV2022Victos Glez. Carro
XXXVI1984José Manuel BelloLXXV2023Marcos Martinez
XXVII1985José Manuel BelloLXXVI2024GM Alex Strikovic

16 novembro 2025

III TORNEO XADREZ NO TEMPLE

 


Un torneo pensado para os que están comezando no mundo do xadrez, con ambiente amigable e formativo. Terá lugar na Casa da Cultura Vila Concepción (Cambre).

Maís información e inscripcions en:

https://www.xadrecista.eu/2025/11/iii-torneo-xadrez-no-temple.html

https://info64.org/iii-torneo-xadrez-no-temple




RECORDATORIO ASAMBLEA DIA 22 NOVIEMBRE

 ASAMBLEA EXTRAORDINARIA ORDINARIA XDM 


Sábado 22 noviembre 2025


En casa cultura villa concepción 


Primera convocatoria 15:50

Segunda convocatoria 16:20


Orden del día:


1.-Planificación deportiva 2026

*Composición final de los diferentes equipos para liga gallega 

*Jornadas de entrenamiento 

*Otros torneos 2026


2.- Ruegos y preguntas

11 novembro 2025

II TORNEO XADREZ XDM MONTE ALTO

O campeonato estase a desenvolver con absoluta liberdade para os xogadores de marcar día e hora para xogar a súa partida, facilitando a participación e o bo ambiente que reina no torneo. 

Estando a punto de xogarse aprox. a metade das partidas, os resultados son os seguintes:


Encabeza a clasificación provisional Alan Floyd con 7,5 ptos ( 9 partidas) e sin coñecer a derrota.

O grupo "perseguidor" esta encabezado por Celestino Redondo con 5,5 ptos ( 9 partidas), seguido de Juanjo con 5 ptos (7 partidas) e Roberto con 4,5 ptos ( 7 partidas).

Pero non podemos descartar na loita polo campionato a Luis Nuñez, que leva 3 ptos en 3 partidas.

Sexa cal sexa o resultado final, o que esta claro é que todos eles estan a disfrutar das partidas a vez que lles serve a alguns para coller algo de experiencia, e outros como adestramento para a Liga Galega Xadrez por Equipos que comenza en xaneiro.

.


28 outubro 2025

VI LIGA POR EQUIPOS DE XADREZ DAS MARIÑAS

 O pasado sábado día 25, celebrouse en Vila Concepción esta nova edición, foi unha tarde bo ambiente xadrecistico, onde disfrutamos tanto os xogadores como o público que se acercou.



Como xa e hatibual o torneo dividese en primeria e segunda división, pola nosa parte participamos con un equipo en primeira divisíon, que "defendía" o título de campeón da anterior edicción, e outro en segunda que servise de adestramento e coller experiencia ós debutantes.

PRIMEIRA DIVISION

O sorteo de grupos, pois cada categoría dividese en dous grupos de 4 equipos que xogamos unha primeira fase de liga, tocounos no grupo co equipo AAVV Sigras, CIDU B, e Alexandre Bóveda, o cal partia como favorito para gañar esta edición. Precisamente a primeira partida foi contra eles e logramos un empate 2-2, posteriormente vencimos 3-1 ó equipo AAVV Sigras, e 4-0 ó CIDU B.

Gracias a un empate entre Boveda e AAVV Sigras, pasamos a seguinte fase como campions de grupo. Na loita polos postso 1-4, xogamos contra o sub-campeón do outro grupo de primeira o Xadrez Betanzos, ó cal vencemos 3-1, metendonos na final para xogar polo primeiro e segundo posto ante o Alexandre Boveda, quen nos gañou por 3-1.


                                 Equipo de Xadrez das Mariñas subcampeon de primeira división


SEGUNDA DIVISION

Presentamos ó equipo XDM Monte Alto, composto por 3 xogadores veteranos e 3 xogadores noveles (sub-14). Non houbo sorte no sorteo de fase de liga, e acabamos encadrados no grupo con equipos moi superiores, Club Coruña A, Mirko e Perillo A. Logramos un meritorio 2-2 con Perillo A, perdimos 1-3 contra Mirko e 4-0 ante o Club Coruña A, que se finou a competición como campeón de segunda división.

Na fase de loitar polo postos 5-8, vencimos na primeira rolda 3-1 ó equipo de Perillo B, e na loita polo posto 5-6, vencimos tamen 3-1 ó equipo de Perillo A, polo que podemos decir que bo torneo dos compañeiros.

















23 outubro 2025

VI LIGA DE EQUIPOS DE XADREZ DAS MARIÑAS

 Un ano máis vaise disputar na Casa da Cultura de Vila Concepción una nova edición desta proba, será este sábado 25 de 17:00 a 20:30.

Participamos con un equipo na primeira división, que sae a defender o titulo de campión logrado o ano pasado, algo complicado pois cada ano o nivel vaise elevando e todos os equipos participantes queremos gañar; e outro en segunda.

A competición conta coa presencia dos clubs da comarca Club Xadrez Betanzos, Escola Xadrez Sigras, Escola Xadrez Culleredo, Mirko, Regatas Perillo, Alexandre Boveda, Escola Tecnica das Mariñas, obviamente Xadrez Das Mariñas, por temas de axenda renuncian a xogar esta edición TDFC e Smyslov de Sada, pero con ganas de poder participar na proxima. 

En definitiva, todo apunta a que este sábado habra un gran ambiente xadrecistico na Casa da Cultura Vila Concepción, onde calquer afecionado o xadrez sera benvido a ver as partidas ou xogar algunha amistosa.


COMUNICADO DO TECIDO SOCIAL DE CAMBRE

 Hoxe alzamos a voz por Cambre máis de 40 entidades do tecido asociativo de Cambre , que traballamos en conxunto e sen partidismos:

Denunciamos o abandono total que sofre o noso municipio por parte de todos os partidos políticos e dos distintos estamentos e funcionariado do Estado.


Cambre está bloqueado, e este bloqueo pagámolo todos: veciñanza, clubs, asociacións e familias.


🚫 Non falamos de cores políticas.

💬 Falamos do ben común, do futuro de Cambre e da necesidade de actuar con transparencia e unidade.

Necesitamos prazos reais e nalgúns casos son de extrema urxencia. 


Xa é hora de que todos se unan por un fin social, deixando ao carón intereses e diferenzas.

Cambre necesita solucións reais, non máis divisións.

Cada asociación de Cambre temos as nosas necesidades e dificultades propias, pero do mesmo xeito que pedimos unión e non división a todos os representantes políticos, mostramos a nosa unión e dispostos a predicar co exemplo, e antepoñer as nosas necesidades propias por dúas cremos son de extremada urxencia, como son o caso de Sementeira e club ciclista Cambre, que se atopan ao bordo da desaparición por non poder facer fronte ao pago de nóminas, seguros sociais, e/o fichas federativas que deben desde tempada 2023 


💛 Polo ben de todos.

Polo ben de Cambre.


#Cambre #UnidosPorCambre #Transparencia #CompromisoSocial #CambreMereceMás

07 outubro 2025

ADESTRAMENTO NA CASA DA CULTURA VILA CONCEPCION

 Xa esta a volta de esquina o arranque la liga por equipos da temporada 2026, por eso, quen máis e quen menos xa puso a rodar os seus cursos/adestramentos. En Xadrez Das Mariñas este ano contamos con clases tanto os luns (iniciación e perfecionamento) como os sábados (iniciación). 



Melloraremos ou non dependera de cada un de nos, confiemos en que si, pero....... de entrada esta claro que existe un alto nivel de concentración/interés para a resolución dalgun dos exercicios que nos pon o noso FIDE INSTRUCTOR Marcos Martínez.


05 outubro 2025

XADREZ EN MONTE ALTO

 Cada vez son máis os que se acercan a xogar ó xadrez ó Centro Cívico de Monte Alto.

Parece que o xadrez ten gran número de aficionados nesa parte da cidade e xa non son solo os venres a tarde cando podes ver partidas xogandose, senon que soen quedar para xogar a través do grupo de wasap tres tardes a semana. Acuden tanto xogadores sen federar, como xogadores federados por diferentes clubs. 

Dende Xadrez Das Mariñas, estamos colaborando coa organización da II Liga Xadrez Monte Alto.

Si esta interesado en participar ou simplemente ter información para acercarte a xogar o ver algún día, non dubides en contactarno no mail xdm@xadrecista.eu ou no teléfono 652 696 531, e facilitaremosche toda a información para que poidas sumarte ó Xadrez en Monte Alto.





16 setembro 2025

I TORNEO XDM MONTE ALTO - FINAL

 Xa temos gañador desta primeiro torneo Xadrez das Mariñas Monte Alto, o noso compañeiro de clube Edy Patiño con 6,5 ptos dos 7 posibles. No segundo lugar Rodrigo Lopez do club EX Sigras, con 6 ptos, terceiro clasificado, Jose Castelo con 5 puntos, do club Xadrez Macondo.

Un evento que parece gustou ós participantes e xa "reclamaron" unha segunda proba de similares caracteristicas, e como non nos gusta facernos de rogar..... xa temos a volta da esquina esa segunda edición, a cal ó igual con esta, será a disputarse unha ronda semanal.


02 setembro 2025

III COPA GONZALEZ MARCH

 Onte dou comenzo esa competición no Sporting Club Casino da Coruña, na cal están a participar varios compañeiros de Xadrez Das Mariñas (XDM), Juan Pedro, Alan, Juan Amil e Adrián Martínez.


Na primeira rolda Juan Pedro (Nalda) tocoulle enfrentarse ó número 1 do ranking, JacoboVieites (FIDE 1905), unha partida larga e dura, a cal rematou en empate. 

Pola súa banda Alan gañou ante Simón García, mentras que Juan Amil e Adrián Martínez acabaron perdendo as suas respectivas partidas.

Sorte a todos eles no que resta de torneo.

30 agosto 2025

RESULTADOS CTO XADREZ BLITZ DAS MARIÑAS 2025

 

Torneo válido para ELO FIDE BLITZ disputado hoxe pola maña na Casa da Cultura Villa Concepción (Cambre)
Vencedor o MI Luis Medarde.
Sub - campión: MF Jose Sande
3º clasificado: Noel Casares
Mellor jugador sub 1800: Unai Casares
Mellor jugador sub 1600: Nicolás Budiño

Para a entrega de premios contamos coa presencia do Concelleiro Omar Gonzalo, quen como afeccionado ó xadrez tamen estivo presente durante gran parte do evento disfrutando das partidas.

Ainda que foron varios os compañeiros de clube xogando o torneo, e todos eles cun bo papel no mesmo, queremos resaltar e felicitar a dous deles, Pablo Férnandez (SUB-14), que rematou con 3 ptos xogando todas as partidas con rivais de ELO FIDE, ó igual que a Diego G. Cerejeiro que no seu debut sumou 2 ptos, e ó igual que Diego todos os seus rivais tiñan ELO FIDE, polo que ambos compañeiros entraran por méritos propios no listado de octubre con ELO FIDE BLITZ.
Gracias a todos pola súa asistencia, confiamos fora un torneo ó agrado de todos e esperamos volver a contar con todos en futuras actividades.

























17 agosto 2025

TORNEO XADREZ DAS MARIÑAS BLITZ 2025

 Data: Sábado 30 de agosto de 2025.

 

Local de xogo: Casa da Cultura Vila Concepción (Cambre)

 

Sistema de xogo: suizo a 7 rondas.

 

Ritmo de xogo: 5´ + 3” incremento por xogada.

 

Horario de xogo: 10:15 presentación;10:30 1ª rolda; 13:30 clausura.

 

Emparellamentos: Realizaránse mediante programa informático, Non se admitirán reclamacions salvo erros na introducción de resultados antes do inicio da seguinte rolda.

 

Participantes: O torneo será válido para ELO FIDE de xadrez blitz. Aberto á participación de calquera xogador con licencia en vigor. A organización poderá tramitarlle a mesma ó xogador que carezca dela.

 

Inscricions: xeral : 10 €; socios de Xadrez Das Mariñas e xogadores sub-14, 7 € , pagos con tarxeta cubrindo o formulario  na aplicación https://app.cluber.es/clubes/675c3449170a3492443342/pagos/68934de44c765375542987

 

 

Desempates:  Encontro Directo,  Media de Elo dos rivais -1 (ARO-C1), Bucholz Total.

 

Premios: (non acumulativos, entrega en acto de clausura )

1º Clasificado: 75 €                            Mellor sub-1800: 20€

2º Clasificado: 40 €                            Mellor sub-1600: 15 €

3º Clasificado: 25 €


Regras de xogo:

Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.

 

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización dos participantes para publicar os seus datos personais ou fotografías nos diversos medios de comunicación que se considere oportunos para difusión do evento (resultados, listados, clasificacions, partidas, fotos, etc.…) A organización resérvase o dereito de admisión e o dereito de rectificar ou modificar estas bases ou cancelar o torneo sin mais aviso que a súa publicación na páxina web oficial 


 ORGANIZA 
:     XADREZ DAS MARIÑAS                    COLABORA: CONCELLO DE CAMBRE


 

15 agosto 2025

AGOSTO ACTIVO I

 Ainda que Agosto e tradicionalmente o mes de vacacións por excelencia, en Xadrez Das Mariñas esta sendo un mes bastante activo. Nesta primeira quincena:


XVI TORNEO SAN ROQUE DE BETANZOS

Torneo plenamente consolidado no contesto do xadrez galego, onde cada ano aumenta tano o nivel como o número de participantes. O ritmo de xogo era 10´+3".

Xogaron 3 compañeiros:

Marcos Martínez ,que partía no ranking inicial no posto 24, rematou o torneo con 5 dos 7 puntos posibles o que lle otorgou o posto 15 na clasificación final.

Celso Martínez que rematou con 2,5 ptos, e entra na próxima actualización con ELO FIDE de rápidas.

Pablo Fernandez, xogador sub-14, quen debutaba nun torneo oficial facendo un  bo papel e logrou gañar duas partidas.



III TORNEO ERLAC

Torneo a ritmo clásico, onde están a participar dous compañeiros. 


Marcos Martínez, partindo do posto 9 do ranking inicial,  leva un pleno de 4 de 4, o hoxe xogará na mesa 1.


Adrián Insua que leva 1,5 dos 4 posibles, pero facendo un gran papel antes rivales duros.


I TORNEO XADREZ XDM MONTE ALTO

Seguimos con esta actividade que se esta a xogar no Centro Cívico de Monte Alto, e xa esta no tramo final da mesma, cunha gran igualdade o que fai que a falta se so unha partida, sexan varios os xogadores con opción de proclamarse campións.

Torneo que se caracteriza polo bo ambiente a gran armonia entre os participantes, os cales teñen liberdade de adiantar partidas, ou xogar a rolda correspondente en calquer sitio que acorden entre eles, sempre baixo a premisa de cumplir co criterio de que se xogue unha rolda semanal. Tratase de facilitar a promoción do xadrez dando facilidades ós xogadores.



06 agosto 2025

XADREZ EN MONTE ALTO

 Seguimos con actividade de Xadrez en Monte Alto, onde todos os venres (as veces algun día mais)  reunense varios xogadores no Centro Civico de Monte Alto a xogar unhas partidas.

Teñen cabida tanto xogades experimentados como noveles, onde o nexo común e disfrutar xogando ó xadrez.

Ademais das partidas amigables, estan a disputar un pequeno torneo social entre os asistentes.







09 xullo 2025

 


Desenvolverse diversas actividades ó longo de todo o día, polo que cabe a opción de poder asistir a unha ou varias delas, para máis información  xdm@xadrecista.eu  


25 xuño 2025

RESULTADO DOS TORNEOS DISPUTADOS

 

TORNEO PRIMAVERA ( CC OS ROSALES)

Contou coa participación de 5 compañeiros

CATEGORÍA ABSOLUTA E SUB14

1 BRAIS MARTINEZ,   1500  4.5 4 8.0 12.5 14.0
2 PABLO ESPARRAGO,   1546  4 4 8.5 14.0 13.5
3 LUIS CARRIL,   1904  4 4 8.5 13.0 14.0
4 RICARDO MORENO,     4 4 7.5 10.0 12.0
5 FLORENCIO GONZÁLEZ,   1717  3 3 10.0 10.0 16.5
6 JOSE ROMAN BRAVO,     3 3 9.0 11.0 14.5
7 GUILLERMO LEIRA,  S14   3 3 6.0 7.0 10.5
8 JUAN P. M. NALDA,   1619  3 2 8.0 9.0 13.0
9 SIMON GARCIA,  S14   3 2 7.5 10.5 13.5

10 JULIOS CAÑAS,  1490   2.5 2 10.0 8.5 15.0
11 FELIX GARCIA,   1552  2.5 2 7.5 8.0 13.0
12 TEO CERQUEIRO,  S14   2.5 1 6.0 5.0 11.5
13 JESUS VAZQUEZ,     2 2 8.0 8.0 12.5
14 FRANCO G FRANCO,     2 2 8.0 4.0 13.5
15 ALBERTO GARCIA,     2 2 7.5 7.0 11.0
16 DANIEL RUIZ,  S14   2 2 6.5 3.0 10.0
17 VICTOR MENDEZ,  S14   2 1 7.5 6.0 12.5
18 PABLO FERNÁNDEZ,  S14   2 1 6.5 6.0 12.5
19 LINDA TRAUTVETTER,     1.5 1 5.5 4.0 10.0
20 DIEGO REBOIRAS,  S14   1 1 6.0 4.0 10.0
21 GABRIEL GRAÑA,  S14   1 0 6.5 2.0 12.0

 

CATEGORIA SUB10

1 MAR RODRÍGUEZ,     5 5 7.0 15.0 12.5
2 LUCAS DARRIBA,     4 4 9.5 12.0 16.5
3 MAURO VIANA,     3.5 3 7.5 10.5 13.0
4 MATEO HINOJOSA,     3 3 9.0 10.0 15.5
5 MATEO RUBINOS,     3 3 8.5 10.0 14.0
6 LUCAS REY,     3 3 6.0 10.0 10.0
7 BRAIS GARCÍA,     2.5 2 9.0 9.5 16.0
8 JAIME COSTA,     2.5 2 5.0 6.5 7.5
9 ALEJANDRO LÁZARO,     2 2 7.0 5.0 12.0
10 SABELA RASCADO,     2 2 7.0 5.0 11.0
11 MIGUEL GRAÑA,     1.5 1 7.5 5.5 14.0
12 ADRIAN ALVAREZ,     1.5 1 7.5 3.5 11.0
13 XIANA ROSENDE,     1.5 1 6.5 2.5 11.5
14 SERGIO PAZ,     0 0 6.0 0.0 10.5

 

II XADREZ AMODIÑO ( CULLEREDO)

Participaron 4 xogadores de Xadrez das Mariñas (XDM) ,  3 deles recurriron ós byes para poder compatibilizar o poder xogar o torneo.

 



I IRON CHESS RAPIDO ( A CORUÑA)

Xogaronno 2 compañerios;

Marcos Martínez Ramos que rematou con 7 ptos

Manuel Antonio García Fernández  con 6 ptos


I IRON CHESS BLITZ ( A CORUÑA)

Foron 2 compañerios do clube os que se atreveron a xogar as 30 partidas do evento:

33º       Martinez Ramos, Marcos  13.5 ptos

38º       Martinez Fernandez, Marcos  13 ptos


TORNEO DOMINGOS MERINO ( CC OS ROSALES)




III TORNEO CIUDAD DE CORUÑA ( A CORUÑA)

(Ambos tiveron que recurrir a pedir bye para compatibilizar e poder disputar polo menos parte do torneo)


09 xuño 2025

FIN DE SEMANA DE TORNEOS VARIOS

 Chega o vran e con él os diversos torneos de Xadrez ó longo de toda a Comarca Das Mariñas.

Estos dias disputouse o Torneo Primavera no Centro Comercial Os Rosales, e o II Torneo Amodiño de Culleredo, ambos contaron con representación de xogadores de XDM








10 maio 2025

CTO PROVINCIAL XADREZ DO DEPORTE ESCOLAR XOGADE

 Despois quedar campeons na categíra Benxamin da fase Comarcal de Xadrez (23 ptos de 24), e repetir posto na fase Intercomarcal (11 de 12 ptos), hoxe tocaba xogar a derradeira fase da competición, a Fase Provincial. (Alguns votamos de menos a epoca na que habia unha fase mais, o Cto Galego, pero que dende ahi uns anos a Xunta optou con "cancelar" e rematar de competición do XOGADE no cto provincial)

Os equipos clasificados na categoría Benxamin para esta competición eramos:

Xadrez Das Mariñas (Cambre)

Remedios A (Santiago)

Xadrez Marquiño (Ribeira)

Curtis

O equipo de Curtis finalmente non puido asistir e a súa praza foi cuberta polo CIDU (Coruña).

O noso equipo nesta ocasión estaba formado por Nuno Moro, Iker Landeira, Jorge Abellan , Manuel Varela, Aitor Mosquera e Brais Garcia. 

Na primeira rolda xogamos contra o equipo de Marquiño, cun resultado favorable para os nosos rapaces de 3-1.

Na segunda rolda xogamos contra o equipo do CIDU, con un resultado final de 4-0 ó noso favor.

Na redaira rolda, con 7 ptos, xogabamos contra o segundo clasificado nese intre, Remedios A, con  5 ptos, polo que ambos equipos dependian deles para proclamarse campions, o resultado final foi un novo 4-0 ó noso favor.


A clasificación final foi:

1.- Xadrez das Mariñas. 11 ptos

2.-Xadrez Marquiño ......6 ptos

3.- Remedios ............... 5 ptos

4.- CIDU ..................... 2 ptos


PARABENS POR ESTE NOVO TITULO


A clasificacion final nas outras categorias foi:

Categoria Alevin

1 - Xadrez Ames

2 - Sada Smyslov

3 - TDFC (A coruña)

4 - Xadrez Oroso


Categoria Infantil

1 - Xadrez Compostela

2 - Xadrez Marquiño

3 - Arteixo-Laracha

4 - Xadrez Mirko


FIN LIGA GALEGA XADREZ POR EQUIPOS

 O pasado sábado día 3 rematou a edición deste ano da Liga Galega de Xadrez por Equipos.


O noso equipo de Primeira división, Xadrez Das Mariñas, rematou nun meritorio tercer posto. 

O equipo B, XDM - Coruña, que xogaba na segunda división grupo B, tras a inesperada contundente derrota na última xornada por 3,5-05, rematou perdendo a categoría por 0.5 ptos, polo que para o ano que ven tocara pelexar en terceira por regresar a esta segunda división.

O equipo C, Xadrez das Mariñas C, que xogaba tamen na segunda división grupo A, xa descendera matematicamente na penultima rolda, algo mais ou menos previsto para este equipo formado por debutantes na categoría, onde o seu obxetivo era que acadaran experiencia en partidas mais "duras" que as de terceira división.

O equipo D, Xadrez das Mariñas D, xogaba en terceira división, xa rematara a su competicion fai unhas semanas co seu obxetivo cumprido ( dar oportunidade de xogar competición ós novos xogadores)


18 marzo 2025

PRIMEIRA XORNADA DA FASE LOCAL XOGADE XADREZ COMARCA AS MARIÑAS

 

O pasado domingo disputouse esta proba na que participaban 110 rapaces nas categorias, Benxamin, Alevin e Infantil.






Despois de 3 roldas as clasificación intermedias son:




O próximo domingo 22 disputarase a segunda e derradeira xornada desta fase. Os equipos campións de cada Categoria clasificanse para xogar a Fase Intercomarcal o 5 de Abril.

13 marzo 2025

FASE LOCAL XOGADE XADREZ COMARCA "AS MARIÑAS"



Xa queda menos para o inicio dun dos campionatos de xadrez maís esperados polos rapaces da comarca, por non dicir abertamente o máis esperado. E un ano máis pode convertirse na fase local de Xadrez do Xogade de maior participación.

Como ben sendo habitual disputarase en dúas xornadas manitais de domingos de marzo, este ano o 16 e o 23, co horario habitual de 10:00 a 13:00.


Nesta edicion de 2025 os equipos inscritos son:


CATEGORIA INFANTIL

*Xadrez Das Mariñas I

*Regatas Perillo Infantil

*Sada Torres

*Mirko Infantil 1

* Mirko Infantil 2

*Escola Xadrez Culleredo Infantil


CATEGORIA ALEVIN

*XDM - ALEVIN

*Sada Cabalos

*Mirko Alevin 1

* Mirko Alevin 2

*Sada Alfiles

*Escola Xadrez Culleredo Alevin

*FENDETESTA


CATEGORIA BENXAMIN

*Xadrez Das Mariñas B

*XDM C

*XDM M

*Mirko Benxamin 1

* Mirko Benxamin 2

*Escola Xadrez Culleredo Benxamin

*Regatas Perillo Benjamin

*Sada Peóns

*Escola Xadrez Culleredo - Mesía


Os equipos da CATEGORIA CADETE non participan nesta fase, segundo nos informan dende o Servicio de Deportes da Xunta de Galicia correspondelle a FEGAXA esa competición, polo que calquera dubeda/pregunta sobre a competición para dita categoría,.....


Paralelamente a este evento, dado que o programa xogade de Xadrez non permite xogar á categoría pre-benxamin,  disputarase un TORNEO DE PROMOCION SUB8 DE CAMBRE, o cal conta xa con 28 participantes.


Para máis informacíón ou calquera consulta : xdm@xadrecista.eu








12 marzo 2025

XORNADAS XADREZ XOGADE

 Os proximos domingos días 16 e 23 de marzo, en horario de 10:00 a 13:00 no pabellón Sofia Toro de Cambre, celebrase a FASE LOCAL DAS MARIÑAS DO XOGADE, unha fase na quea nosa entidade colabara co Servicio de Deportes da Xunta de Galicia e o Concello de Cambre para o seu desenrolo.


O noso clube presentará a dita competición un equipo Infantil, un equipo Alevín e 3 equipos Benxamin, o equipo Cadete non pode participar, pois dende o servicio de deportes informannos que correspondelle por convenio a FEGAXA (Federación Galega Xadrez) o desenvolvemento desa proba, polo que tocara estar a espera de si fan algo ou non.

Ainda asi, sin contar coa categoría cadete esta fase conta coa inscripción de 109 nenos/as para xogar, o que a convirte posiblemente na fase con mais participación do XOGADE no deporte de XADREZ. 




16 febreiro 2025

3º XORNADA DA LIGA GALEGA XADREZ POR EQUIPOS

 


Onte disputouse a 3º Xornada da Liga Galega de Xadrez por Equipos, onde os nosos equipos disputaron os seguintes encontros:

PRIMEIRA DIVISION

ClubEXA vs Xadrez Das Mariñas A   1 - 3 

Terceira victoria no regreso do equipo a primeira, con victoria dos compañeiros Alfonso Iglesias (mesa1) e Francisco Conde ( mesa 4) quen subia desde o filial a xogar esta xornada, e empate de Sergio Couto (mesa 2) e Luis Nuñez (mesa3)

SEGUNDA DIVISION

Grupo A

Mirko A vs Xadrez Das Mariñas C   3-1

Derrota agridulce ante un dos favoritos ó titulo, o resultado xusto era un sorpresivo empate a 2-2, pero as normas son para todos iguais, e debemos estar atentos a elas, polo que finalmente o resultado foi derrota 3-1, pero ainda asi, bo arranque de liga do noso equipo C, quen pese a levar só 3 ptos, demostrou haber merecido máis, e conta ó seu favor que xa xogou contra os 3 favoritos as dúas plazas de ascenso, e segue fora das prazas de descenso cun equipo onde cada xornada estan a debutar xogadores na segunda división, o cal nos alegra, pois ese é o obxetivo desde equipo.

Grupo B

Xadrez Das Mariñas B  vs Regatas Perillo   2 - 2

Os puntos do noso equipo foron logrados polos dous xogadores que subian de terceira a debutar na categoria, Manuel Miras e Jose María Liñares.  Un equipo repleto de baixas a ultima hora, pero que esta sendo ben defendido polos compañeiros do equipo de terceira que estan a subir.

TERCEIRA DIVISION

Xadrez Das Mariñas D vs Sporting Club Casino  1-3

Derrota do noso equipo de terceira onde debutaron na competición 3 xogadores sub-10, alguns dos cales pagaron a inexperiencia e non foron quen de rematar unhas partidas con clara ventaxa para eles e acabaron perdendo. Pero o resultado é o de menos, o importante que o pasaron ben, disfrutaron da experiencia, e con ganas de repetir.