10 maio 2025

FIN LIGA GALEGA XADREZ POR EQUIPOS

 O pasado sábado día 3 rematou a edición deste ano da Liga Galega de Xadrez por Equipos.


O noso equipo de Primeira división, Xadrez Das Mariñas, rematou nun meritorio tercer posto. 

O equipo B, XDM - Coruña, que xogaba na segunda división grupo B, tras a inesperada contundente derrota na última xornada por 3,5-05, rematou perdendo a categoría por 0.5 ptos, polo que para o ano que ven tocara pelexar en terceira por regresar a esta segunda división.

O equipo C, Xadrez das Mariñas C, que xogaba tamen na segunda división grupo A, xa descendera matematicamente na penultima rolda, algo mais ou menos previsto para este equipo formado por debutantes na categoría, onde o seu obxetivo era que acadaran experiencia en partidas mais "duras" que as de terceira división.

O equipo D, Xadrez das Mariñas D, xogaba en terceira división, xa rematara a su competicion fai unhas semanas co seu obxetivo cumprido ( dar oportunidade de xogar competición ós novos xogadores)


Ningún comentario:

Publicar un comentario