15 maio 2024

11ª Xornada de Liga

 

Esta sábado pusose remate a tempada 2024 da liga Galega de Xadrez por Equipos coa celebración da rolda 11. 

Na segunda división grupo A, enfrentabamosnos ó Recatelo de Lugo, segundo clasificado, ó cal lle sacabamos 1,5 ptos de ventaxa, polo que ainda con unha hipotetica derrota 2.5-1.5 podiamos ter opcions de defender o liderato si o terceiro clasificado, o equipo de Naron, non vencia 0-4 na súa visita ó feudo de Bazan A. O equipo que levamos a  Lugo estaba formado por Marcos, Alfonso, Francisco Garcia e Luis. O Recatelo non alineou ós habituais titulares e resultado final foi un 0-4 ó noso favor. O cal nos confirma como claros campions da categoría (quinta vez que quedamos campions dalgunha das categorias da Liga Galega nestos 6 anos que levamos participando)

Na segunda división grupo B, para esta ultima rolda, contamos por primeira vez cun equipo formado sin a presencia no equipo de ningun xogador de terceira, xogaron Francisco Conde, David, Adrian Martinez e Adrian Quevedo, os cales lograron un 2-2 ante o equipo Pirata Tito.

08 maio 2024

10ª XORNADA DE LIGA GALEGA POR EQUIPOS

 

O pasado sábado xogouse a decima rolda da liga galega por equipos.

Na segunda división grupo A, enfrentabamosnos o equipo Escola Xadrez Sigras A, o noso equipo xa cos deberes feitos ó conseguir o ascenso matemático coa victoria na rolda 9, parece se relaxou máis da conta, e sumou a súa primeira derrota da tempada.

Unha derrota "sorpresa" por como estaban as partidas, ningunha das 4 partidas rematou cun "resultado xusto", onde debíamos gañar non se gañou, e onde debíamos perder, gañamos. O resultado final foi un 1.5-2.5 a favor de equipo de Sigras.  Pese a este reves,  o equipo sigue ó frente da clasificación, e con lograr un empate na ultima rolda, asegura matemáticamente o primeiro posto. Incluso pode valerlle perder pola mínima. 

Na segunda división grupo B, enfrontabamosnos ó líder a AAVV Sigras, o resultado final foi unha derrota por 3-1.

O equipo de terceira división xa remotou a súa competición a semana pasada polo que non xogaba.