Tamén este ano necesitamos cambiar a Xunta Directiva, polo que aproveitamos e fixemos un formulario para saber por un lado quen vai xogar e as condición nas que o faría.
A Federación proxecta iniciar a Liga no mes de marzo, segundo como teñamos a situación da COVID, pero nos próximos días teremos que indicar o número de equipos que imos presentar a esta competición.
A cota conxunta de socio en XADREZ DAS MARIÑAS e AGAX é de 30 euros.
Se xa es socio de AGAX (ou non queres selo) a cota é de 25 euros.
Ademais da licenza federativa, no caso dos socios que se fagan tamén socios de AGAX recibirán unha camisola, unha máscara e un pequeno bote de xel desinfectante para levar ás partidas.
Agradecemos que fagades a inscricion pronto polas peculiares características deste ano e saber cantos equipos podemos presentar.