12 xuño 2023

IV LIGA DAS MARIÑAS

IV Campionato dás Mariñas

17 de xuño de 2023

O torneo estará aberto á participación de máximo 16 equipos (8 en primeira división e 8 en segunda) e xogarase o día 17 de xuño de 2023.

A inscrición será gratuíta. Para inscribir ao equipo, deberase enviar un correo electrónico á dirección xdm@xadrecista.eu indicando nome do equipo e compoñentes do mesmo. Así mesmo, indicarase o nome e teléfono da persoa que actuará de delegado do equipo. No mesmo correo poden solicitar mais información da proba.

Os equipos comporanse de forma completamente libre, é dicir, no mesmo equipo Poderán xogar xadrecistas federados de distintos clubs, idades, etc, . Sempre cun mínimo de 4 xogadores por equipo e un máximo de 10.

Xogarase unha liga, en grupos de 4 equipos, a 10´minutos + 3´´seg por xogada., posteriormente unha cuarta e quinta rolda de cruces entre os grupos da mesma división para determinar a orde final da clasificación do posto 1 ao 8.

Dependendo da cantidade de equipos inscritos, poderase variar o sistema de competición e o número de roldas a disputar, polo que a organización resérvase o dereito de facer modificacións respecto diso, previo aviso a todos os equipos inscritos.

En cada rolda participasen catro xogadores por equipo, seleccionados da lista presentada. Non haberá regras que determinen orde de forza dos taboleiros.

Cada delegado entregase ao árbitro, unha listaxe e polo menos 5 minutos antes do comezo de cada rolda, a conformación do seu equipo para esa rolda. Ante a non presentación da devandito orde, enténdese repiten a última orde de forza establecido polo devandito equipo.

Presentación e confirmación de equipos ás 16:45. O horario de xogo previsto:

Rolda 1: sábado día 17 de xuño ás 17:00

Rolda 2: sábado día 17 de xuño ás 17:30

Rolda 3: sábado día 17 de xuño ás 18:00

Rolda 4: sábado día 17 de xuño á 18.45

Rolda 5: sábado día 17 de xuño ás 19:25

Entrega de Trofeos: 20:05

O lugar de xogo será Casa Vila Concepcion,  Cambre

A clasificación farase segundo os encontros gañados (3 ptos vitoria, 1 pto empate, 0ptos derrota), en caso de empate, mírase o total de puntos logrados por partida, e se continúa o empate, resultado de enfrontamento directo até as últimas consecuencias (valoración dos taboleiros 4-3-2-1; resultado taboleiro 1; cor taboleiro 1)

O árbitro será designado pola organización. E as súas decisións son inapelables.

Os participantes no torneo autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios de comunicación que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (listaxe de resultados, clasificacións, fotos,?.).

A participación no campionato, supón a aceptación destas bases.

06 febreiro 2023

Torneo Provincial Sub12

DOMINGO 12 DE FEBREIRO DE 2023


Organiza:   Federación Galega de Xadrez con Xadrez das Mariñas.

Local de xogo: Vila Concepción (Casa de Cultura do Concello de Cambre).

En principio o torneos disputaríase na planta baixa de Vila Concepción, na sala de conferencias. En caso de haber moitos anotados empregaríase tamén a sala da cafetaría ou ben espazos alternativos na primeira o segunda planta.

Director do Torneo:  Francisco J. García Veiras. 
Árbitro principal: Ernesto Pérez Ramil.

Horario do torneo: 11,00, 12,00, 13,00, 16,00, 17,00 e 18,00. 
Caso de ter mais de 64 xogadores xogaríase unha rolda tamén ás 19,00.

Ritmo de xogo: 15 minutos + 15 segundos de incremento (15’+15’’).

Inscricións: 
A través do formulario electrónico: https://forms.gle/HMbq1uM5axj76edd7

Prazo: Ata o xoves 9 de febreiro ás 19,00 horas.

Información complementaria:

Web oficial: www.fegaxa.org

Por correo: xdm@xadrecista.eu

Por whatsapp: 654 60 37 16

Desempates:
Enfrontamento directo (VEGA)
Buchholz brasileiro
Buchholz total
Sonneborn-Berger
APRO
De persistir o empate nos primeiros postos, decidirase ó mellor de dúas partidas a ritmo rápido de cinco minutos, sorteando os colores na primeira; de seguir empatados xogarase un Armagedón  con 5 minutos para as brancas e 4 minutos para as negras.

Comité de apelación: Estará formado polo director e o árbitro do torneo.

Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados e agasallo para todos os participantes.

19 decembro 2022

Resultados Torneo de Navidad

Este domingo 18 tivemos a 74ª edición do Torneo de Navidad. O torneo mais antigo de Galicia e un dos mais antigos de España, que dende hai anos ven organizando a Asociación Galega de Xadrecistas.

Unha vez mais a proba lugar tivo lugar na Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos, coa presencia do presidente de Xadrez das Mariñas, entidade herdeira da Sección de Xadrez, que entregou os trofeos. Entre os participantes Martínez Nalda, xogador do Xadrez das Mariñas e que no pasado organizaou como presidente do Club de Xadrez Artesanos moitas destas probas do nadal.

Graza á Artesanos e ao Concello da Coruña por axudar a facer posible a actividade.

Na categoría absoluta o vencedor foi Víctor González, do Alexandre Bóveda, entidade que en poucos días mudarase a este edificio.

Categoria Absoluta, Senior e Sub14

 1    VÍCTOR GONZÁLEZ CARRO,            1765     4.5      14.0     9.5  17.0         4
  2    RODRIGO LÓPEZ ROBLES,       SEN   1544     4.5      14.0     8.5  13.5         4
  3    IAGO SOTO,                        1500     3.5      10.0     8.5  14.5         3
4    JOSE MARIA DORADO REBORED,        1578     3        11.0     9.5  15.5         3
  5    CARLOS ALBERTO CASTEDO DE,  SEN   1599     3        10.0     8.5  14.0         3
  6    JOSE LUIS CASTELO RAMOS,    SEN   1407     3        10.0     6.0  11.5         3
  7    IAGO ALLEGUE SALETA,        S14   1358     3         9.0     9.0  15.0         3
  8    CARLOS OSSORIO,                   1300     3         7.0     5.5  10.5         3
  9    ALBERTO SÁNCHEZ BARDANCA,         1699     2.5       9.0     9.5  15.0         2
  10   JUAN PEDRO MARTÍNEZ NALDA,  SEN   1443     2.5       7.5     5.5   9.0         2
  11   ALAN FLOYD,                                2.5       5.5     7.0  10.5         2
  12   ROBERTO NOYA SABEL,                        2         7.0     8.5  13.0         1
  13   JOSE ROMAN BRAVO BLAZQUEZ,                 2         6.0     8.0  13.5         1
  14   JULIO CAÑÁS LARA,                          2         5.0     8.0  12.0         1
  15   JORGE MARTÍ MARTÍN,         S14            2         4.0     5.0   9.0         1
  16   JESÚS CAMPELO GABÍN,              1015     1         4.0     7.0  11.5         1
  17   HUGO MENDEZ,                               1         2.0     7.5  13.5         0

Categoría Sub12 e Sub10

  1    ENMA CAMPELO MALLO,       S12   1027     5        15.0     9.0  13.0         5
  2    ÓLIVER SÁNCHEZ TORREIRO,        1029     3.5      12.5     6.5  13.0         3
  3    ZOE RODRÍGUEZ COLLAZO,                   3.5      11.5     8.0  14.5         2
  4    ALFONSO FERNANDEZ,                       3         9.0     7.5  14.0         3
  5    YERAI DAFONTE BOTANA,                    3         9.0     7.0  13.5         3
  6    XIAN GONZALEZ OTERO,                     3         7.0     6.0   9.5         2
  7    XABIER CAÑÁS VARELA,                     2         7.0     8.0  13.0         2
  8    LUCIA CASTELO BELLAS,                    2         7.0     7.5  11.0         2
  9    ISAAC OJEA LÓPEZ,                        2         6.0     8.0  13.5         1
  10   ROMÁN FANDIÑO GONZALEZ,                  2         3.0     8.5  12.5         1
  11   SARA LAPIDO MANCEBO,                     1         3.0     7.0  13.5         0

Categoría Sub8

  1    CHRISTIAN NOYA MELLADO,                 5        15.0     6.5  11.5         5
  2    ZAIRA CAMPELO MALLO,                    4        12.0     8.0  15.5         3
  3    DENYS DEMYDOV,                          3         8.0     6.5  10.5         3
  4    MAR RODRÍGUEZ COLLAZO,                  3         6.0     6.5  12.0         2
  5    EMMA ETTERBEEK POMBO,                   2.5       9.5     9.0  16.5         2
  6    VÍCTOR FERNANDEZ CAÑON,                 2.5       9.5     7.0  11.0         2
  7    HUGO BRAVO SUAREZ,                      2         6.0     6.5  12.0         1
  8    SABELA CASTELO BELLAS,                  2         5.0     8.0  14.5         1
  9    XOSE MANUEL RIVAS ABUIN,                1         4.0     7.5  12.0         0


Grazas a todos por ter participado nesta 74ª edición. O próximo ano, en 2023, teremos a oportunidade de chegar a 75ª edición deste torneo, que queremos manter como unha xuntanza nun ambiente de amizade e competencia saudable. A competición en 2023 terá lugar o domingo 17 (que non se diga que non avisamos con tempo... temos institucionalizado nos últimos anos o domingo anterior a noiteboa).

Pero sendo unha data especial queremos facer un evento inesquecible para todos os participantes, organizando un torneo semanal como se facía antes e algunha cousa mais.

Se queres colaborar e aportar ideas, escríbenos a xdm@xadrecista.eu

Esperamos que nos vexamos todos ese día. Un saúdo e Bo Nadal para todos!


11 decembro 2022

LXXIV TORNEO DE NAVIDAD

A Asociación Galega de Xadrecistas convoca a 74ª edición do Torneo de Navidad, un dos mais antigos de España.

Tras dous anos especiais pola pandemia, agardamos volver á certa normalidade. A actividade conta co apoio do Concello da Coruña e a colaboración do Círculo de Artesanos e de Xadrez das Mariñas, como entidade que absorbió ao Club de Xadrez de Artesanos.

Nome do Torneo: LXXIV TORNEO DE NAVIDAD

Data: 18 de decembro de 2022.

Lugar: Círculo de Artesanos (San Andrés, 36 - A Coruña).

Ritmo: 15 minutos finish

Horario:

1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,30
3ª Rolda: 18,00
4ª Rolda: 18,30
5ª Rolda: 19,00

ENTREGA DE TROFEOS ÁS 19,30

Premios:
Trofeos para os tres primeiros clasificados das categorías Absoluta, sub14, sub12, sub10 e sub8.
Trofeo para o mellor renior (>55 anos)

Medalla para todos os participantes.

O trofeo é válido para o circuito AGAX.

Inscricións: De balde.

Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licenza federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

24 outubro 2022

Torneo Rei de Mesa

Este sábado 29 teremos o II Torneo Rei de Mesa, como saben os que disputaron a primeira edición é unha proba distinta na que o que gaña segue na mesa a cambio de ter menos tempo.

Nesta segunda ocasión será en Vila Concepción (Cambre).

Toda a información nas imaxes que acompañan esta nova.




01 xuño 2022

CAMPIONATO PROVINCIAL DE XADREZ ESCOLAR

CAMPIONATO PROVINCIAL DE XADREZ ESCOLAR


O pasado sábado, 14 de maio,  disputouse a fase provincial de xadrez de deporte escolar dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia, para esta fase clasificábanse só os campións de cada  fase intercomarcal (Ferrol, A Coruña, Santiago, Noia) os cales xa habian superado unha primeira criba, pois para aceder á fase intercomarcal, debes ser campión da fase local que che corresponde. Todo iso non leva a poder afirmar que neste Cto Provincial, estan sen dúbida, os  mellores equipos da provincia de cada categoría (Infantil, Alevin e Benjamin).

Os equipos de As Mariñas demostraron que o xadrez escolar na nosa zona goza de boa saúde. Non en balde, todos os equipos campións na fase local de As Mariñas, pasaron o corte da fase intercomarcal, acediendo á fase provincial, sendo nela 5 equipos dos 14 equipos participantes.

As entidades con mais equipos representados foron o Club Xadrez Ames e Xadrez dás Mariñas, ambos con 3 equipos, Circulo Ferrolán de Xadrez con 2 equipos e cun equipo Club Xadrez Smyslov (Sada), Mirko (Cambre), Peleteiro de Santiago, Xadrez Oroso, Colexio Obradoiro e Cee.

A excepción do Club Xadrez Ames, ao resto #notar falta de ritmo nesta volta ás competicións oficiais tras a ?estapa covid?, isto lévolles a ser o gran vencedor do campionato, logrando gañar as categorias Infantil Mixto, Alevin Mixto e Benjamin Mixto. O segundo equipo máis laureado foi o Xadrez dás Mariñas, con dous subcampeonatos (Alevin mixto e Alevin Feminino) e un terceiro posto (Infantil Mixto). O campión Alevin Feminino foi o Colexio Obradorio, e o Campión Benjamin Feminino o Mirko.

Dos equipos dás Mariñas, ademas dos 3 trofeos de XDM e o de Mirko, mencionar o subcampeonato en Bejamin Mixto do equipo Xadrez Smyslov de Sada.

28 abril 2022

Escolares Intercomarcais

Levamos 4 equipos aos Torneos Inetercomarcais. Non tivemos queixa dos resultados, aínda que probablemente os mesmos poidesen ser mellores de contar con todo os xogadores.

Esta foi a composición final dos equipos e os seus resultados tras o sábado pasado:

INFANTIL

Roque Sande Seoane, INCUDE-CIDU
Miguel Perez Coton, INCUDE-CIDU
Iván Santiso Gonzalez, SIGRAS
Mario Fernandez Vazquez, BETANZOS
David Baladron Arevalo, BETANZOS

O equipo Infantil repetiu o posto da fase comarcal proclamándose campión tamén nesta fase intercomarcal, polo que pasa á fase provincial do vindeiro día 14.

ALEVIN

Rubén Troiteiro Arenas, INCUDE-CIDU
Pablo Abeal Garcia, CASINO
Guillermo Leira Temes, SIGRAS
Diego Abeal Garcia, CASINO
Diego Rodriguez Tirapu, CASINO

Cun equipo integrado por xogadores de primeiro ano (2011) tíñamos claro que o noso equipo partía como claro favorito a pesar das baixas sobre os clasificados na primeira fase. Como claro campións pasan á fase provincial, onde será dificil ocupar os primeiros postos.

ALEVIN FEMININO


Aldara Sande Seone, INCUDE-CIDU
Greta Gonzalez Fernandez, INCUDE-CIDU
Daria Rodriguez Aboy, INCUDE-CIDU
Vega Vazquez Soriano, INCUDE-CIDU
Carmen Calvo Areosa, BETANZOS

Era a prmeira vez que presentábamos un equipo en categoría feminina, pero realmente na categoría alevín tíñamos moita xente e resultaba interesante probar con este equipo baseado en alumnas do Coruña British International School. Un segundo posto no intercomarcal nesta primeira experiencia. felicitacións aos vencedores do Obradoiro.

BENXAMIN

Xoan Sande Seoane, INCUDE-CIDU
Simón García Viña, INCUDE-CIDU
Ángel Baladron Arevalo, BETANZOS
Alejandro Lopez Nuñez, INCUDE-CIDU
Teo Cerqueiro García, INCUDE-CIDU
Teo Santamarta Suarez, INCUDE-CIDU

O equipo benxamín era o único que acudía a esta cita sen ter gañado na fase previa. Repetiu segundo posto e ante os mesmos rivais; o Smyslov Sada que gañou claramente nas dúas fases. Os integrantes deste equipo eran prácticamente todos de 2012, polo que o vindeiro ano nesta categoría teremos unha ampla renovación.

A falta da cita final, o provincial, estamos moi satisfeitos de como se desenvolveron as cousas neste ano de retorno do programa Xogade. Xadrez das Mariñas foi a entidade con mais equipos participantes e dous primeiros postos e dous segundos é unha marca que lográbamos por vez primeira grazas á incoporación do equipo feminino. Noraboa a todos e a seguir así!