14 xullo 2024

20 DE XULLO: DIA INTERNACIONAL DO XADREZ

 O día 20 de Xullo e o día internacional do Xadrez, escolleuse es data pola creación da FIDE (Federación Internacional de Xadrez) en Paris o 20 de xullo de 1924, polo que este ano a FIDE celebra o seu centenario, con ese motivo pretende facer un record guiness de maior número partidas xogadas nese día a 3´+2".


En Vila concepción, nos organizaremos pola maña un torneo a ese ritmo valedero para ELO BLITZ. E pola tarde disputaremos unha liga por equipos (de dous xogadores) a ritmo 3´+2" aberta a todo xogador aficionando que desexe participar.

Ambos eventos contan coa estimable colaboración da Diputación da Coruña.




03 xullo 2024

I CTO. BLITZ XADREZ DAS MARIÑAS 2024

 Data: Sábado 20 de xullo de 2024.

Local de xogo: Casa da Cultura Vila Concepción (Cambre)

Sistema de xogo: suizo a 5-6 rondas dependendo do número de xogadores.

Ritmo de xogo: 3´ + 2” incremento por xogada.

Horario de xogo: 11:00 presentación, 11:15 1ª rolda, 13:00 clausura.

Emparellamentos: Realizaránse mediante programa informático, Non se admitirán reclamacions salvo erros na introducción de resultados antes do inicio da seguinte rolda.

Participantes: O torneo será válido para ELO FIDE de xadrez blitz. Aberto á participación de calquera xogador con licencia en vigor. A organización poderá tramitarlle a mesma ó xogador que carezca dela.

Inscricions: GRATUITA no email xdm@xadrecista.eu ou no whatsapp 652696531 ata o venres 19 de xullo, ás 22:00 ou acadar o limite de 50 xogadores. (Nome, apelidos, ELO BLITZ e clube).

Desempates: Sortearanse ó remate do torneo entre: Encontro Directo, Bucholz corte-1 (BH-C1), Bucholz Total, Progresivo e Media de Elo dos rivais -1 (ARO-C1).

Premios:

Trofeo para os 3 primeiros da clasificación xeral, trofeo para o mellor sub-16 e medalla para o resto de participantes.


Regras de xogo:

Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización dos participantes para publicar os seus datos personais ou fotografías nos diversos medios de comunicación que se considere oportunos para difusión do evento (resultados, listados, clasificacions, partidas, fotos, etc.…) A organización resérvase o dereito de admisión e o dereito de rectificar ou modificar estas bases ou cancelar o torneo sin mais aviso que a súa publicación na páxina web oficial www.xadrezdasmariñas.org.

                                                                              

 ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POLA: