26 decembro 2024

CLUBER


 CLUBER, a plataforma de xestión de clubs deportivos, fixouse na nosa entidade para aumentar a sua presencia na nosa disciplina deportiva. O cal nos levou a alcanzar un acordo entre CLUBER e  Xadrez Das Mariñas de colaboración para as dúas próximas tempadas.

 Polo que a partir de ahora a nosa entidade usara as magnificas ferramentas de xestión de CLUBER, o cal esperamos sexa do agrado de todos.

Moitas grazas pola confianza en nos.





23 decembro 2024

RESULTADOS DO LXXVI TORNEO NADAL ARTESANOS


 Onte, día  22 disputouse no Centro Comercial Espacio Coruña esta edición deste clásico e veteran torneo de Nadal.

Este ano contaba coa participación, entre outros, do Gran Maestro Alex Strikovic, o Masestro Internacional Mariano Ortega, os Maestros FIDE Segio Gerrero, Juan Alberto Gomez, Jose Sande, polo que todo apuntaba a que ia a ser un torneo bastante disputado.

O torneo disputouse a 7 roldas, a un ritmo de xogo de 15 minnutos + 3 segundos de incremento por xogada.

Xogandose nunha primeira sesión en horario de mañá 3 roldas, e na tarde as 4 restantes.

A clasificación final dou un empate a 6,5 ptos nos dous primeiros postos, e os sistemas de desempate predefinidos, otorgaron unha clasificación final asi nos primeiros postos:

1.- GM Alex Strikovic
2.- MI Mariano Ortega
3.- Iago Fernández
4.- MF Juan Alberto Gomez
5.- Marco Morales
6.- MF Jose Sande
7.- Roque Bouza
8.- Manuel Anxo Cabanas
9.- WIM Karla Fernández
10.- Francisco Pedreira

No relativo ó resto de premiados según as categorias foron:

1º Clasificado Veteran: Carlos Calzado (Sigras)

1º Clasificado ELO<1900: Roque Bouza(Ferrol)

1º Clasificado ELO<1700:Isidoro García(Bazán)



1º Clasificado sub-14: Sergio Diniz (Narón)

1º Clasificado sub-12: Alex Lopez ( Ames)

1º Clasificado sub-10: Nuno Moro (CIDU)

1º Clasificado sub-8: Jorge Abella (Casino)


Para a entrega de premios puidemos contar co noso compañeiro de club Jesus Pallas, un histórico e querido xogador de xadrez coruñes, que estando a punto de cumprir 80 anos, ainda segue demostrando un gran nivel de xogo, e unha memoria prodixiosa, de feito recentemente estivome a contar detalles do Cto de España de Clubs do ano 1971, no cal él participou defendento o tableiro 1 do equipo de Artesanos.


Agradecer a todos a súa participación, esperando poder velos de novo na LXXVII edición deste decano torneo do xadrez español a disputarse o domingo 21 de decembro de 2025.






















.

17 decembro 2024

LXXVI TORNEO NADAL ARTESANOS

 Recordade que este domingo, día 22, no Centro Comercial Espacio Coruña, temos unha nova edición do tradicional e histórico Torneo Xadrez Nadal Artesanos.

Un torneo que este ano conta coa colaboración da Diputación da Coruña, Inmobiliaria Domos e Espacio Coruña. 


Relación de inscritos:

https://info64.org/lxxvi-torneo-nadal











Actuación de XDM no XIII Nadal celebrado nos Rosales

 O sábado pasado celebrouse no Centro Comercial o XII Torneo de Nadal, no que participaron varios xogadores da nosa entidade.


En categoría Absoluta:

Jesús Rodriguez tras perder na ultima rolda, finalizou nun cuarto posto que o deixa fora do podium final. Felix Garcia , outro habitual nos torneos que se disputan nos Rosales, rematou no septimo posto con 3 ptos.


En categoría Sub-8:

Facian o seu debút os nosos 3 xogadores sub-8, o obxetivo inicial era claro, disfrutar, perder os nervios, e practicar o aprendido nas clases. E parece non só fixeron eso, senon que tamen lograron rematar na parte alta da clasificación. Competian 32 xogadores, sendo o podium final:


1.- Nuno Moro (CIDU) ... 5 ptos

2. Brais Garcia (XDM) ... 4 ptos

3.- Mauro Muiño (XDM).. 3,5 ptos

....

8.- Aitor Mosquera (XDM)... 3,5 ptos






09 decembro 2024

BASES DO LXXVI TORNEO DE NADAL

 Este ano ademais da colaboración da DIPUTACION DA CORUÑA, temos que agradecer a colaboración do CENTRO COMERCIAL ESPACIO CORUÑA e da promotora inmobiliaria DOMOS ESTATE, sin os cales non seria posible seguir una ano máis con este mítico e tradicional evento non so do xadrez Coruñes, senón do xadrez español, pois estamos ante o torneo "privado" (non organizado por unha federación) máis antigo de España que se segue a celebrar, a súa primeira edición data de 1948.

Por suposto, seguir agradecendo un ano mais a todos e cada un dos organizadores e patrocinadores das 75 edicions anteriores, pois si un torneo chega a súa edicion LXXVI, esta claro que e gracias ó traballo continuo de varias xeneracións de directivos, organizadores, e xadrecistas, que o lograron manter vivo hasta hoxe en día, alguns deles ainda seguen en activo  e é un pracer compartir clube con eles, e aprender das súa experiencia.


BASES LXXVI TORNEO DE NADAL ARTESANOS

(Dende 1948)



Data: 22 de Decembro de 2024

Local de xogo: Centro Comercial Espacio Coruña. Planta 2.

C/ José Pacual Lopez Cortón 10, 15008 A Coruña.

Organiza: Xadrez Das Mariñas

Ritmo de xogo: 15 minutos cun incremento de 3 segundos por xogada (15’+3”).


Valedoiro para ELO FIDE e aberto a todas as idades. No caso de non ter licenza federativa, a organización farase cargo de facilitala.

Premios:

1º Trofeo e 170€
2º Trofeo e 120€
3º Trofeo e 80€
4º 40€
5º 30€

1º Veterano/a (+55, nados no ano 1969 e anteriores) Trofeo e 20€

1º Clasificado/a ELO FIDE RAPID <1900. Trofeo e 20€

1º Clasificado/a ELO FIDE RAPID <1700. Trofeo e 20 €.

1º Clasificado/a sub8 (nados no ano 2016 e posteriores) Trofeo.

1º Clasificado/a sub10 (nados no ano 2014 e posteriores) Trofeo.

1º Clasificado/a sub12 (nados no ano 2012 e posteriores) Trofeo.

1º Clasificado/a sub14 (nados no ano 2010 e posteriores) Trofeo.


NOTA: Os premios non serán acumulables, pasando ó seguinte clasificado da categoría correspondente.


Sistema de xogo: Suízo a 7 roldas.

Emparellamentos: realizaranse mediante programa informático (Vega); non se admitirán reclamacións salvo erros na introdución de resultados antes da publicación da seguinte rolda.

Tempo de espera: Ata caída de bandeira.

Bye: Os deportistas poden solicitar os bye que desexen, sendo nas 4 primeiras roldas de 0’5 puntos e no resto de 0 puntos,
avisando a organización antes do comenzo da rolda 1. Os bye por imposibilidade de emparellamento serán de 1 punto.

Horario de xogo:

Presentación: 11:00

1ª rolda: 11:15
2ª rolda: 12:00
3ª rolda: 12:45

4ª rolda: 16:00
5ª rolda: 16:50
6ª rolda: 17:40
7ª rolda: 18:30

Entrega de premios: 19:30 aprox.

Desempates:

1.- Encontro directo (DE)
2.- Bucholz corte-1 (BH-C1)
3.- Bucholz Total (BH)
4.- Progresivo ()
5.- Media de ELO dos rivais-1 (ARO-C1)

Inscricións: No correo electrónico xdm@xadrecista.eu ou a través wasap teléfono 652 696 531. Prazo ata o 20 de decembro, inclusive ou completar aforo de 110 xogadores.

Cota: Xeral 10€. Sub14 ou socios/xogadores do Club Xadrez Das Mariñas, 5€. GM e MI, tanto masculino coma feminino, gratis.

Información: www.xadrezdasmariñas.org; no telefono 652 696 531 e www.info64.org.



Datos adicionais:


1. Os participantes no torneo autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios de comunicación que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (listaxes de resultados, clasificacións, participantes, xogos, etc).

2. A inscrición no torneo leva aparellada a aceptación deste regulamento. Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.

3. A organización reservase o dereito de admisión e o de rectificar ou modificar estas bases simplemente mediante publicación na web www.xadrezdasmariñas.org.

4. Límite de participantes: 110.







08 decembro 2024

RESULTADOS II TORNEO BLITZ XADREZ DAS MARIÑAS

 Onte disputouse esta proba que organizamos gracias a colaboración da Diputación da Coruña a traves das suas subvencións, e ó concello de cambre, que nos cede a instalación de xogo asi como as mesas e sillas para a proba.

Foi unha xornada agradable onde se reuniron para disfrutar xogando ó xadrez 32 xogadores de diferentes clubs (Ponferrada, Circulo Ferrolano, Sada, Culleredo, Sigras, TDFC, Arteixo, Mirko, Xadrez Das Mariñas, ...), desde Xadrez Das Mariñas queremos agradecerlles a todos eles a súa participacion, e confiamos poder seguir contando coa súa presencia en próximos eventos. 

 O torneo resultou máis disputado polos postos altos do que moitos pensaban a priori. Finalmente o vencedor foi Roque Bouza (C. Ferrolano) con 5,5 ptos, seguido de Jose Sande (Ponferrada) e Juan Guitierrez (Xadrez Das Mariñas) empatados a 5 ptos. O mellor xogador sub-14 foi Miguel Muñoz (Ponferrada).

Clasificación completa e mais datos do torneo en https://info64.org/ii-cto-blitz-xdm