CAMPIONATO PROVINCIAL DE XADREZ
BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL
Noia, 13-05-2017
NORMATIVA
O Servizo de Deporte da Coruña, da Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coa A.D. “As Rías”, organiza o Campionato Provincial de Xadrez, do Programa XOGADE (Xogos Galegos Depotivos en Idade Escolar), nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil, correspondente á tempada 2016/2017.
1. PARTICIPANTES
Participarán nesta competición os equipos que se clasificaron nas fases Intercomarcais de Coruña, Noia e Santiago, das categorías Benxamín (nados nos anos 2008/2007), Alevín (nados nos anos 2006/2005), e Infantil (nados nos anos 2004/2003).
2. LUGAR E DATA
A competición terá lugar no Pavillón da Sociedade Liceo de Noia, en xornada completa, por sistema de liga.
Data: Sábado 13 de maio de 2017.
Hora: de 11:00 a 14:00 hs. e de 15:30 a 17:30, coa clausura a continuación.
3. COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS
Cada equipo estará integrado por catro xogadoras/es e dúas/dous suplentes e un/unha adestrador/a-delegado/a. Os equipos poderán participar cun máximo de 3 xogadoras/es da categoría inmediata inferior, perdendo estas/es xogadoras/es a categoría que lles corresponde pola súa idade.
Como novidade para este campionato permitirase facer selección de xogadores dentro da mesma categoría e Entidade, que participaran nas fases anteriores
4. INSCRICIÓNS
As inscricións realizaranse utilizando a folla que se adxunta con esta normativa e deberán enviarse á Agrupación Deportiva Escolar “As Rías” por correo electrónico (xadrezbretema@gmail.com ), e copia a deportes.coruna@xunta.gal, antes das 14:00 horas do martes 9 de maio de 2017. Os equipos participantes deberán presentar nos encontros a Folla de inscrición do programa XOGADE que facilita o programa informático na páxina de Internet www.deporteescolargalego.com, no que consta o nº de identificador de deportistas, adestradores/as e delegados/as. Aconséllase vir provistos do DNI.
5. ACREDITACIÓN DOS PARTICIPANTES
O programa permite subir á páxina a foto do deportista, co cal queda correctamente acreditado para calquera competición do programa Xogade. Nesta fase provincial, será o xeito oficial de acreditación, aconsellamos vir provistos do DNI.
6. DESPRAZAMENTOS
No caso de necesitar transporte deberán solicitalo ao Servizo de Deporte da Coruña, ao correo sdbus.co@hotmail.es, antes das 20.00 horas do martes 9 de maio de 2017.
No correo teñen que indicar: Nome e día da competición, nome da entidade que solicita o transporte e zona á que pertence (Coruña, Noia ou Santiago), nº de prazas totais (deportistas+adestradores), hora e lugar de saída, hora prevista de regreso, enderezo de destino e nóme e teléfono móbil do responsable da entidade que vai no autobús.
7. MANUTENCIÓN
O Xantar para este Campionato, correrá pola conta dos participantes.
8. NORMAS TÉCNICAS
•
O torneo disputarase por sistema de liga, realizándose no mesmo local de xogo o sorteo para os encontros. Cada encontro constará de 4 partidas. No caso de haber só dous equipos nalgunha categoría, realizarase un encontro a dobre volta.
•
A orde de forza de cada equipo non poderá variarse no transcurso do torneo.
•
O ritmo de xogo será de 45 minutos por xogador a finish.
•
A clasificación final realizarase segundo o número de puntos totais obtidos por cada equipo.
•
En caso de empate, prevalecerá o resultado do enfrontamento directo.
•
Se persistise o empate, aplicarase o seguinte criterio: puntuación ponderada (por taboleiro): consistirá en multiplicar o resultado do primeiro taboleiro por catro, o do segundo por tres, o do terceiro por dous e o do cuarto por un, sumándose ao final os catro taboleiros. No suposto de persistir o empate, contará o resultado do primeiro taboleiro. Se tampouco se resolve a igualdade, o equipo que xogase con negras no primeiro taboleiro será o vencedor.
•
Prohíbese a entrada/permanencia na sala de xogo con teléfonos móbiles ou calquera dispositivo electrónico encendido, agás a organización.
•
Quedan totalmente prohibidos os comentarios sobre as partidas en xogo, sendo estes penalizables.
•
Os/as xogadores/as poderán consultar co seu delegado para abandonos e ofertas de táboas. Deberán avisar previamente ao árbitro. O delegado deberá contestar de forma lacónica e sen proporcionar información algunha sobre a partida.
•
Non se permitirán análises na zona de xogo.
•
Os/as xogadores/as que, por razón xustificada, desexen abandonar a sala de xogo no transcurso das súas partidas, deberán solicitar a autorización do Árbitro.
•
Aplicaranse as Normas técnicas de Xadrez do programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar). Todos os aspectos non recollidos neste regulamento regularanse pola normativa FIDE.
9. CLAUSURA
A entrega de trofeos e medallas a todos os participantes terá lugar ao finalizar a competición, na mesma sala de xogo.
10. EQUIPOS PARTICIPANTES
Categoría
Localidade
ENTIDADE
ZONA
BENXAMÍN
CARBALLO
CANOSA-RUS
CORUÑA
RIVEIRA
EDM RIVEIRA
NOIA
RIANXO
CLUB XADREZ RIANXO
NOIA
SANTIAGO
E. XADREZ COMPOSTELA-PELETEIRO
SANTIAGO
ALEVÍN
SADA
XADREZ DAS MARIÑAS
CORUÑA
RIANXO
CLUB XADREZ RIANXO
NOIA
NOIA
ESCOLA XADREZ BRETEMA
NOIA
SANTIAGO
USC
SANTIAGO
ALEVÍN FEMININO
A CORUÑA
XANELA
CORUÑA
CEE
COLEXIO MANUELA RIAL MOUZO
NOIA
SANTIAGO
CEIP LOPEZ FERREIRO
SANTIAGO
INFANTIL
A CORUÑA
ESCOLA TÉCNICA DE XADREZ
CORUÑA
A CORUÑA
ALEXANDRE BÓVEDA
CORUÑA
RIANXO
CLUB XADREZ RIANXO
NOIA
SANTIAGO
ALGALIA-PELETEIRO
SANTIAGO
11. ENCONTROS E HORARIOS
•
1ª Rolda: 11:00
•
2ª Rolda: 12:30
•
3ª Rolda: 15:30
•
Clausura: 17:30 hs. aprox. (poderá adiantarse en función da duración das partidas).
PARA TODAS AS CATEGORÍAS MIXTAS
HORA
ENCONTRO
11:00
Equipo nº 2 – Equipo nº 3
Equipo nº 1 – Equipo nº 4
12:30
Equipo nº 1 – Equipo nº 2
Equipo nº 3 - Equipo nº 4
15:30
Equipo nº 3 – Equipo nº 1
Equipo nº 2 – Equipo nº 4
12. CENTROS DE ASISTENCIA SANITARIA
En caso de lesión ou accidente deportivo, deberán presentar no centro de asistencia o parte de accidentes de SegurCaixa ADESLAS debidamente cumprimentado, que poderán sacar na páxina Web de Xogade www.deporteescolargalego.com, e acudir ao seguinte centro médico:
Policlínico La Rosaleda
Santiago León de Caracas, 1
Santiago de Compostela
Teléfono: 981551200