01 xuño 2022

CAMPIONATO PROVINCIAL DE XADREZ ESCOLAR

CAMPIONATO PROVINCIAL DE XADREZ ESCOLAR


O pasado sábado, 14 de maio,  disputouse a fase provincial de xadrez de deporte escolar dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia, para esta fase clasificábanse só os campións de cada  fase intercomarcal (Ferrol, A Coruña, Santiago, Noia) os cales xa habian superado unha primeira criba, pois para aceder á fase intercomarcal, debes ser campión da fase local que che corresponde. Todo iso non leva a poder afirmar que neste Cto Provincial, estan sen dúbida, os  mellores equipos da provincia de cada categoría (Infantil, Alevin e Benjamin).

Os equipos de As Mariñas demostraron que o xadrez escolar na nosa zona goza de boa saúde. Non en balde, todos os equipos campións na fase local de As Mariñas, pasaron o corte da fase intercomarcal, acediendo á fase provincial, sendo nela 5 equipos dos 14 equipos participantes.

As entidades con mais equipos representados foron o Club Xadrez Ames e Xadrez dás Mariñas, ambos con 3 equipos, Circulo Ferrolán de Xadrez con 2 equipos e cun equipo Club Xadrez Smyslov (Sada), Mirko (Cambre), Peleteiro de Santiago, Xadrez Oroso, Colexio Obradoiro e Cee.

A excepción do Club Xadrez Ames, ao resto #notar falta de ritmo nesta volta ás competicións oficiais tras a ?estapa covid?, isto lévolles a ser o gran vencedor do campionato, logrando gañar as categorias Infantil Mixto, Alevin Mixto e Benjamin Mixto. O segundo equipo máis laureado foi o Xadrez dás Mariñas, con dous subcampeonatos (Alevin mixto e Alevin Feminino) e un terceiro posto (Infantil Mixto). O campión Alevin Feminino foi o Colexio Obradorio, e o Campión Benjamin Feminino o Mirko.

Dos equipos dás Mariñas, ademas dos 3 trofeos de XDM e o de Mirko, mencionar o subcampeonato en Bejamin Mixto do equipo Xadrez Smyslov de Sada.