31 xaneiro 2024

PROVINCIAIS ABSOLUTOS 2024

Despois de 10 anos podemos volver a disfrutar duns Ctos Provinciais Absolutos na zona. Xogaronse o día 27 e 28 de xaneiro en Culleredo, e neles participaron 3 compañeiros do noso clube (Marcos Martínez, Francisco García e Roberto Souto)

Foi un campionato moi moi disputado hasta o último momento, de feito, houbo un empate a 5 ptos entre os 5 primeiros clasificados.

Clasificacions finais:

https://info64.org/provincial-a-coruna-absoluto/standings


03 xaneiro 2024

ARRANCAMOS A TEMPADA 2024

Comenza un novo ano, e con él arranca unha nova tempada de Xadrez.

Hoxe remata o prazo para confirmar a FEGAXA os equipos a participar na liga Galega por equipos para esta tempada, e nos confirmamos que imos a participar con 3 equipos ( 2 equipos en segunda división, 1 equipo en terceira). O prazo para modificar ordes de forza esta aberto hasta o 16 deste mes, por lo que todavia temos marxe para anotar a calquera interesado en xogar con nos. (para máis información xdm@xadrecista.eu)

02 xaneiro 2024

Cambio de Facebook

Este 2024 iniciamolo coa reforma da nosa presenza en internet.

Isto facémolo en dúas liñas:

1. Deixamos de manter un espazo diferenciado para Artesanos, xa que non temos actividade nese local e toda a actividade quedará nesta web, incluídas as actividades de recuperación da nosa historia centenaria.

2. Deixamos de compartir Facebook e outros elementos con AGAX, aínda que seguramente coincidamos en moitos dos contidos, especialmente nas actividades realizadas na Comarca das Mariñas.

Agardemos que este sexa un bó ano para o noso Club.