28 abril 2022

Escolares Intercomarcais

Levamos 4 equipos aos Torneos Inetercomarcais. Non tivemos queixa dos resultados, aínda que probablemente os mesmos poidesen ser mellores de contar con todo os xogadores.

Esta foi a composición final dos equipos e os seus resultados tras o sábado pasado:

INFANTIL

Roque Sande Seoane, INCUDE-CIDU
Miguel Perez Coton, INCUDE-CIDU
Iván Santiso Gonzalez, SIGRAS
Mario Fernandez Vazquez, BETANZOS
David Baladron Arevalo, BETANZOS

O equipo Infantil repetiu o posto da fase comarcal proclamándose campión tamén nesta fase intercomarcal, polo que pasa á fase provincial do vindeiro día 14.

ALEVIN

Rubén Troiteiro Arenas, INCUDE-CIDU
Pablo Abeal Garcia, CASINO
Guillermo Leira Temes, SIGRAS
Diego Abeal Garcia, CASINO
Diego Rodriguez Tirapu, CASINO

Cun equipo integrado por xogadores de primeiro ano (2011) tíñamos claro que o noso equipo partía como claro favorito a pesar das baixas sobre os clasificados na primeira fase. Como claro campións pasan á fase provincial, onde será dificil ocupar os primeiros postos.

ALEVIN FEMININO


Aldara Sande Seone, INCUDE-CIDU
Greta Gonzalez Fernandez, INCUDE-CIDU
Daria Rodriguez Aboy, INCUDE-CIDU
Vega Vazquez Soriano, INCUDE-CIDU
Carmen Calvo Areosa, BETANZOS

Era a prmeira vez que presentábamos un equipo en categoría feminina, pero realmente na categoría alevín tíñamos moita xente e resultaba interesante probar con este equipo baseado en alumnas do Coruña British International School. Un segundo posto no intercomarcal nesta primeira experiencia. felicitacións aos vencedores do Obradoiro.

BENXAMIN

Xoan Sande Seoane, INCUDE-CIDU
Simón García Viña, INCUDE-CIDU
Ángel Baladron Arevalo, BETANZOS
Alejandro Lopez Nuñez, INCUDE-CIDU
Teo Cerqueiro García, INCUDE-CIDU
Teo Santamarta Suarez, INCUDE-CIDU

O equipo benxamín era o único que acudía a esta cita sen ter gañado na fase previa. Repetiu segundo posto e ante os mesmos rivais; o Smyslov Sada que gañou claramente nas dúas fases. Os integrantes deste equipo eran prácticamente todos de 2012, polo que o vindeiro ano nesta categoría teremos unha ampla renovación.

A falta da cita final, o provincial, estamos moi satisfeitos de como se desenvolveron as cousas neste ano de retorno do programa Xogade. Xadrez das Mariñas foi a entidade con mais equipos participantes e dous primeiros postos e dous segundos é unha marca que lográbamos por vez primeira grazas á incoporación do equipo feminino. Noraboa a todos e a seguir así!


05 abril 2022

Escolares 2022

O pasado fin de semana foi un dos mellores na historia de Xadrez das Mariñas. Non imos dicir o mellor porque asumindo como propia a historia da sección de xadrez de Artesanos (que absorvimos hai uns anos) somos unha entidade centenaria.

O sábado os dous equipos de maiores lograban subir de categoría, un obxectivo que a principio da liga parecía dificil pero que foi materializándose co paso das xornadas, polo que o próximo ano teremos un equipo en primeira e outro en segunda (e agardamos ter xente para o de terceira).

O domingo tiñamos tamén a última das xornadas dos escolares de Cambre. Como sabedes o deporte escolar foi a razón de ser en inicio do Xadrez das Mariñas.

Xadrez das Mariñas non ten escola propia de rapaces, pero para estas accións aglutina ás escolas de INCUDE-CIDU, Betanzos, Sigrás e Casino.

Presentamos catro equipos e acaban de confirmarnos que os catro clasificaron para a fase comarcal a celebrar o vindeiro sábado 23 pola mañán /e os que pasen terán a fase provincial o 14 de maio).

CATEGORÍAS

Benxamín: nados nos anos 2013-2012
O noso equipo quedou segundo, e pasamos grazas ao desempate no que contaba o resultado do mellor xogador. Como o campión individual foi noso pasamos de fase.
Os nosos rivais serán Franciscanos, Sada Peóns (que foi o equipo que gañou) e Xiria Carballo.
Os xogadores que punturon para clasificar o equipo e que quedan convocados para a seguinte fase foron:
1. Xoan Sande (INCUDE-CIDU / Dominicos)
2. Simón García (INCUDE-CIDU / Pardo Bazán)
3. Angel Baladrón (BETANZOS)
4. Alejandro López Núñez (INCUDE-CIDU / CBIS)
A nosa representación estivo tamén formada por: Adrián Fernández, Hugo Otero, Nuno García, Clausia Pazos, Iker Albor, Efrén Fernández e Pablo Mariño.

Alevín......: nados nos anos 2011-2010
O noso equipo quedou primeiro.
Os nosos rivais serán Franciscanos, Mirko e Arteixo
Os xogadores que punturon para clasificar o equipo e que quedan convocados para a seguinte fase foron:
1. Rubén Troiteiro (INCUDE-CIDU / Calasanz)
2. Pablo Abeal (CASINO / Jesuitinas)
3. Sergio Fernández (INCUDE-CIDU / Dominicos)
4. Guillermo Leira (SIGRAS)
A nosa representación estivo tamén formada por: Diego Abeal, Pablo Iglesias, Yago Martínez, Félix Otero, Joaquín Conchado, Mateo Álvarez, Pablo Deus e Leo Lesta.

Alevín feminino......: nados nos anos 2011-2010
O noso equipo quedou primeiro.
Os nosos rivais será o equipo do Obradoiro
As xogadoras que punturon para clasificar o equipo e que quedan convocados para a seguinte fase foron:
1. Aldara Sande (INCUDE-CIDU / Dominicos)
2. Greta González (INCUDE-CIDU / CBIS)
3. Daria Rodríguez (INCUDE-CIDU / CBIS)
4. Carmen Calvo (BETANZOS)

Infantil....: nados nos anos 2009-2008
O noso equipo quedou primeiro.
Os nosos rivais serán ETX, Mirko e Ponteceso.
Os xogadores que punturon para clasificar o equipo e que quedan convocados para a seguinte fase foron:
1. Roque Sande (INCUDE-CIDU / Dominicos)
2. Miguel Pérez (INCUDE-CIDU / Dominicos)
3. Iván Santiso (SIGRAS)
4. Mario Fernández (BETANZOS)
A nosa representación estivo tamén formada por: David Baladrón, Andrés Nernat, Samuel Martínez, Ángel López y Berenguela García.

Pois agradecer a todos os que participaron que agardamos o pasaran ben despois de dous anos sen esta competición. Nas fases seguintes xógase por equipos de 4 así que agora mesmo o urxente e que os marcados en negriña confirmen que poden xogar o día 23.
A posible inclusión de suplentes e a orde de forza será determinada despois polos adestradores.

Complexo Deportivo de Elviña (onde os campos de futbol e piscina. No Pavillón)