O pasado fin de semana foi un dos mellores na historia de
Xadrez das Mariñas. Non imos dicir o mellor porque asumindo como propia a historia da sección de xadrez de
Artesanos (que absorvimos hai uns anos) somos unha entidade centenaria.
O sábado os dous equipos de maiores lograban subir de categoría, un obxectivo que a principio da liga parecía dificil pero que foi materializándose co paso das xornadas, polo que o próximo ano teremos un equipo en primeira e outro en segunda (e agardamos ter xente para o de terceira).
O domingo tiñamos tamén a última das xornadas dos escolares de Cambre. Como sabedes o deporte escolar foi a razón de ser en inicio do Xadrez das Mariñas.
Xadrez das Mariñas non ten escola propia de rapaces, pero para estas accións aglutina ás escolas de INCUDE-CIDU, Betanzos, Sigrás e Casino.
Presentamos catro equipos e acaban de confirmarnos que os catro clasificaron para a fase comarcal a celebrar o vindeiro sábado 23 pola mañán /e os que pasen terán a fase provincial o 14 de maio).
CATEGORÍAS
Benxamín: nados nos anos 2013-2012
O noso equipo quedou segundo, e pasamos grazas ao desempate no que contaba o resultado do mellor xogador. Como o campión individual foi noso pasamos de fase.
Os nosos rivais serán Franciscanos, Sada Peóns (que foi o equipo que gañou) e Xiria Carballo.
Os xogadores que punturon para clasificar o equipo e que quedan convocados para a seguinte fase foron:
1. Xoan Sande (INCUDE-CIDU / Dominicos)
2. Simón García (INCUDE-CIDU / Pardo Bazán)
3. Angel Baladrón (BETANZOS)
4. Alejandro López Núñez (INCUDE-CIDU / CBIS)
A nosa representación estivo tamén formada por: Adrián Fernández, Hugo Otero, Nuno García, Clausia Pazos, Iker Albor, Efrén Fernández e Pablo Mariño.
Alevín......: nados nos anos 2011-2010
O noso equipo quedou primeiro.
Os nosos rivais serán Franciscanos, Mirko e Arteixo
Os xogadores que punturon para clasificar o equipo e que quedan convocados para a seguinte fase foron:
1. Rubén Troiteiro (INCUDE-CIDU / Calasanz)
2. Pablo Abeal (CASINO / Jesuitinas)
3. Sergio Fernández (INCUDE-CIDU / Dominicos)
4. Guillermo Leira (SIGRAS)
A nosa representación estivo tamén formada por: Diego Abeal, Pablo Iglesias, Yago Martínez, Félix Otero, Joaquín Conchado, Mateo Álvarez, Pablo Deus e Leo Lesta.
Alevín feminino......: nados nos anos 2011-2010
O noso equipo quedou primeiro.
Os nosos rivais será o equipo do Obradoiro
As xogadoras que punturon para clasificar o equipo e que quedan convocados para a seguinte fase foron:
1. Aldara Sande (INCUDE-CIDU / Dominicos)
2. Greta González (INCUDE-CIDU / CBIS)
3. Daria Rodríguez (INCUDE-CIDU / CBIS)
4. Carmen Calvo (BETANZOS)
Infantil....: nados nos anos 2009-2008
O noso equipo quedou primeiro.
Os nosos rivais serán ETX, Mirko e Ponteceso.
Os xogadores que punturon para clasificar o equipo e que quedan convocados para a seguinte fase foron:
1. Roque Sande (INCUDE-CIDU / Dominicos)
2. Miguel Pérez (INCUDE-CIDU / Dominicos)
3. Iván Santiso (SIGRAS)
4. Mario Fernández (BETANZOS)
A nosa representación estivo tamén formada por: David Baladrón, Andrés Nernat, Samuel Martínez, Ángel López y Berenguela García.
Pois agradecer a todos os que participaron que agardamos o pasaran ben despois de dous anos sen esta competición. Nas fases seguintes xógase por equipos de 4 así que agora mesmo o urxente e que os marcados en negriña confirmen que poden xogar o día 23.
A posible inclusión de suplentes e a orde de forza será determinada despois polos adestradores.
Complexo Deportivo de Elviña (onde os campos de futbol e piscina. No Pavillón)
Ningún comentario:
Publicar un comentario