20 decembro 2020

Resultado Xadrez de Navidad

Seguramente esta de 2020 foi a edición mais extraña do Torneo de Navidad, que nos últimos anos recuperara a súa importancia (en 2019 foi dos torneos mais concurrido da Coruña).

Pero adaptándono ao entorno COVID realizamos un adestramento consistente nun pequeno torneo cunha ducia de persoas (o máximo permitido eran 16).

Daniel Pousada gañou a proba consistente nun suizo a 4 roldas. Os tres primeiros levaron un trofeo conmemorativo.









1 DANIEL POUSADA,             1533 3.5 11.5 9.5 9.75 6.0
2 FRANCISCO GARCIA VEIRAS,     1705 3.5 8.5 9.5 6.75 4.0
3 DAVID PEREZ,                         3 7.5 7.0 4.00 3.0
4 ALBERTO GARCIA,                 3 7.5 6.0 4.00 3.0
5 DANIEL CODESIDO,             1626 2 9.5 7.0 3.00 5.0
6 BRAIS MARTINEZ,                 2 9.0 6.0 4.00 4.0
7 FLORENCIO GONZALEZ,     1529 2 7.5 4.0 2.00 3.0
8 NOA GARCIA-MUÑOZ,     1196 2 6.5 4.0 1.00 3.0
9 VERA GARCIA-MUÑOZ,     1244 1 8.5 4.0 0.00 5.0
10 LUIS RODRIGUEZ,             1400 1 8.0 2.0 0.00 5.0
11 JUAN CARLOS BARDERA,     1075 1 7.0 1.0 0.00 4.0
12 SIMON GARCIA,                         0 5.0 0.0 0.00 2.0

16 decembro 2020

LXXII AJEDREZ DE NAVIDAD

LXXII AJEDREZ DE NAVIDAD

Como o resto de actividades deste 2020, vai ter moitos cambios pola situación da COVID. A actividade ten a condición de adestramento / partidas amistosas federadas, polo que é obrigatorio contar coa licenza federativa de 2020.

1. Participantes.
Poderán participar nesta proba os xadrecistas que o desexen. Só haberá 16 prazas, polo que terán prioridade os socios de AGAX, que deberán contar con licenza federativa. Para aqueles que se fagan socios de AGAX para 2020-2021 entregaremos unha máscara con motivo de xadrez e un pequeno bote de xel hidroalcohólico.
2. Modalidade.
Xogaranse catro partidas en sistema suizo.
3. Ritmo de xogo.
Haberá 20 minutos de tempo por xogador. 
4. Lugar. 
Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos. Sala de hemeroteca con ventás á rua que permanecerán abertas para facilitar a ventilación.
5. Horario.
1ª Rolda: 17,30 / 2ª Rolda: 18,30 / 3ª Rolda: 19,30 / 4ª Rolda: 20,30 
Entre rolda e rolda a sala deberá quedar vacía para favorecer a desinfeción do material de xogo.
6. Premios.
Trofeo para os tres primeiros clasificados.
7. Inscricións.
A inscrición é de balde.
Como en anos pasados solicitamos unha doazón de alimentos non perecedeiros.
(en anos anteriores ó destinatario foi o Banco de Alimentos https://www.facebook.com/balrial/posts/1522154844589289)


Advertencia 1: Os participantes (ou os seus titores) autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa aparición nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Os participantes recibirán un correo confirmando a inscrición co documento de aceptación de risco dacordo cos protocolos anti-COVID presentes na páxina da Federación Galega de Xadrez.

ASPECTOS ESPECIAIS POLA COVID
Será de aplicación a normativa de prevención antiCOVID de adestramentos da Federación Galega de Xadrez. As seguintes normas tamén serán de aplicación en tanto complementan algunhas das anteriores e non as limitan. 
1. É obrigatorio levar posta unha máscara en todo momento. Non estará permitido comer ou beber na sala de xogo. 
2. É obrigatorio o uso do xel na entrada da sala. Así mesmo deberá usarse sempre que as mans entren en contacto con superficies non desinfectadas e especialmente tras tocar as pezas manipuladas anteriormente polo rival (no caso das capturas). É aconsellable que cada xogador leve un frasco de xel.
3. Será obrigatorio o uso da alfombra desinfectante que se coloque á entrada sa Sala de Xogo.
4. Os xogadores non permanecerán na sala de xogo mais tempo do necesario para xogar a partida. Polo tanto non haberá análise posterior. Tampouco poderán pasear pola sala.
5. Os xogadores non deberán darse a man ao inicio ou fin da partida. 
6. Antes de entrar na sala medirase a temperatura dos participantes.
7. Os aspectos aqui expostos poden verse complementados, antes e durante o torneo co fin de garantir na medida do posible unha actividade segura.

O SÁBADO celebrarase unha proba similar para os sub14 (nados en 2006 ou seguintes) no Centro Comercial Los Rosales co mesmo horario. 

PREME PARA ANOTARSE