16 decembro 2020

LXXII AJEDREZ DE NAVIDAD

LXXII AJEDREZ DE NAVIDAD

Como o resto de actividades deste 2020, vai ter moitos cambios pola situación da COVID. A actividade ten a condición de adestramento / partidas amistosas federadas, polo que é obrigatorio contar coa licenza federativa de 2020.

1. Participantes.
Poderán participar nesta proba os xadrecistas que o desexen. Só haberá 16 prazas, polo que terán prioridade os socios de AGAX, que deberán contar con licenza federativa. Para aqueles que se fagan socios de AGAX para 2020-2021 entregaremos unha máscara con motivo de xadrez e un pequeno bote de xel hidroalcohólico.
2. Modalidade.
Xogaranse catro partidas en sistema suizo.
3. Ritmo de xogo.
Haberá 20 minutos de tempo por xogador. 
4. Lugar. 
Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos. Sala de hemeroteca con ventás á rua que permanecerán abertas para facilitar a ventilación.
5. Horario.
1ª Rolda: 17,30 / 2ª Rolda: 18,30 / 3ª Rolda: 19,30 / 4ª Rolda: 20,30 
Entre rolda e rolda a sala deberá quedar vacía para favorecer a desinfeción do material de xogo.
6. Premios.
Trofeo para os tres primeiros clasificados.
7. Inscricións.
A inscrición é de balde.
Como en anos pasados solicitamos unha doazón de alimentos non perecedeiros.
(en anos anteriores ó destinatario foi o Banco de Alimentos https://www.facebook.com/balrial/posts/1522154844589289)


Advertencia 1: Os participantes (ou os seus titores) autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa aparición nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Os participantes recibirán un correo confirmando a inscrición co documento de aceptación de risco dacordo cos protocolos anti-COVID presentes na páxina da Federación Galega de Xadrez.

ASPECTOS ESPECIAIS POLA COVID
Será de aplicación a normativa de prevención antiCOVID de adestramentos da Federación Galega de Xadrez. As seguintes normas tamén serán de aplicación en tanto complementan algunhas das anteriores e non as limitan. 
1. É obrigatorio levar posta unha máscara en todo momento. Non estará permitido comer ou beber na sala de xogo. 
2. É obrigatorio o uso do xel na entrada da sala. Así mesmo deberá usarse sempre que as mans entren en contacto con superficies non desinfectadas e especialmente tras tocar as pezas manipuladas anteriormente polo rival (no caso das capturas). É aconsellable que cada xogador leve un frasco de xel.
3. Será obrigatorio o uso da alfombra desinfectante que se coloque á entrada sa Sala de Xogo.
4. Os xogadores non permanecerán na sala de xogo mais tempo do necesario para xogar a partida. Polo tanto non haberá análise posterior. Tampouco poderán pasear pola sala.
5. Os xogadores non deberán darse a man ao inicio ou fin da partida. 
6. Antes de entrar na sala medirase a temperatura dos participantes.
7. Os aspectos aqui expostos poden verse complementados, antes e durante o torneo co fin de garantir na medida do posible unha actividade segura.

O SÁBADO celebrarase unha proba similar para os sub14 (nados en 2006 ou seguintes) no Centro Comercial Los Rosales co mesmo horario. 

PREME PARA ANOTARSE

Ningún comentario:

Publicar un comentario