Onte disputouse esta proba que organizamos gracias a colaboración da Diputación da Coruña a traves das suas subvencións, e ó concello de cambre, que nos cede a instalación de xogo asi como as mesas e sillas para a proba.
Foi unha xornada agradable onde se reuniron para disfrutar xogando ó xadrez 32 xogadores de diferentes clubs (Ponferrada, Circulo Ferrolano, Sada, Culleredo, Sigras, TDFC, Arteixo, Mirko, Xadrez Das Mariñas, ...), desde Xadrez Das Mariñas queremos agradecerlles a todos eles a súa participacion, e confiamos poder seguir contando coa súa presencia en próximos eventos.
O torneo resultou máis disputado polos postos altos do que moitos pensaban a priori. Finalmente o vencedor foi Roque Bouza (C. Ferrolano) con 5,5 ptos, seguido de Jose Sande (Ponferrada) e Juan Guitierrez (Xadrez Das Mariñas) empatados a 5 ptos. O mellor xogador sub-14 foi Miguel Muñoz (Ponferrada).
Clasificación completa e mais datos do torneo en https://info64.org/ii-cto-blitz-xdm
Ningún comentario:
Publicar un comentario