Este ano contaba coa participación, entre outros, do Gran Maestro Alex Strikovic, o Masestro Internacional Mariano Ortega, os Maestros FIDE Segio Gerrero, Juan Alberto Gomez, Jose Sande, polo que todo apuntaba a que ia a ser un torneo bastante disputado.
O torneo disputouse a 7 roldas, a un ritmo de xogo de 15 minnutos + 3 segundos de incremento por xogada.Xogandose nunha primeira sesión en horario de mañá 3 roldas, e na tarde as 4 restantes.
A clasificación final dou un empate a 6,5 ptos nos dous primeiros postos, e os sistemas de desempate predefinidos, otorgaron unha clasificación final asi nos primeiros postos:
1.- GM Alex Strikovic
2.- MI Mariano Ortega
3.- Iago Fernández
4.- MF Juan Alberto Gomez
5.- Marco Morales
6.- MF Jose Sande
7.- Roque Bouza
8.- Manuel Anxo Cabanas
9.- WIM Karla Fernández
No relativo ó resto de premiados según as categorias foron:
1º Clasificado Veteran: Carlos Calzado (Sigras)
1º Clasificado ELO<1900: Roque Bouza(Ferrol)
1º Clasificado ELO<1700:Isidoro García(Bazán)
1º Clasificado sub-14: Sergio Diniz (Narón)
1º Clasificado sub-12: Alex Lopez ( Ames)
1º Clasificado sub-10: Nuno Moro (CIDU)
1º Clasificado sub-8: Jorge Abella (Casino)
Para a entrega de premios puidemos contar co noso compañeiro de club Jesus Pallas, un histórico e querido xogador de xadrez coruñes, que estando a punto de cumprir 80 anos, ainda segue demostrando un gran nivel de xogo, e unha memoria prodixiosa, de feito recentemente estivome a contar detalles do Cto de España de Clubs do ano 1971, no cal él participou defendento o tableiro 1 do equipo de Artesanos.
Agradecer a todos a súa participación, esperando poder velos de novo na LXXVII edición deste decano torneo do xadrez español a disputarse o domingo 21 de decembro de 2025.
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario