09 decembro 2024

BASES DO LXXVI TORNEO DE NADAL

 Este ano ademais da colaboración da DIPUTACION DA CORUÑA, temos que agradecer a colaboración do CENTRO COMERCIAL ESPACIO CORUÑA e da promotora inmobiliaria DOMOS ESTATE, sin os cales non seria posible seguir una ano máis con este mítico e tradicional evento non so do xadrez Coruñes, senón do xadrez español, pois estamos ante o torneo "privado" (non organizado por unha federación) máis antigo de España que se segue a celebrar, a súa primeira edición data de 1948.

Por suposto, seguir agradecendo un ano mais a todos e cada un dos organizadores e patrocinadores das 75 edicions anteriores, pois si un torneo chega a súa edicion LXXVI, esta claro que e gracias ó traballo continuo de varias xeneracións de directivos, organizadores, e xadrecistas, que o lograron manter vivo hasta hoxe en día, alguns deles ainda seguen en activo  e é un pracer compartir clube con eles, e aprender das súa experiencia.


BASES LXXVI TORNEO DE NADAL ARTESANOS

(Dende 1948)



Data: 22 de Decembro de 2024

Local de xogo: Centro Comercial Espacio Coruña. Planta 2.

C/ José Pacual Lopez Cortón 10, 15008 A Coruña.

Organiza: Xadrez Das Mariñas

Ritmo de xogo: 15 minutos cun incremento de 3 segundos por xogada (15’+3”).


Valedoiro para ELO FIDE e aberto a todas as idades. No caso de non ter licenza federativa, a organización farase cargo de facilitala.

Premios:

1º Trofeo e 170€
2º Trofeo e 120€
3º Trofeo e 80€
4º 40€
5º 30€

1º Veterano/a (+55, nados no ano 1969 e anteriores) Trofeo e 20€

1º Clasificado/a ELO FIDE RAPID <1900. Trofeo e 20€

1º Clasificado/a ELO FIDE RAPID <1700. Trofeo e 20 €.

1º Clasificado/a sub8 (nados no ano 2016 e posteriores) Trofeo.

1º Clasificado/a sub10 (nados no ano 2014 e posteriores) Trofeo.

1º Clasificado/a sub12 (nados no ano 2012 e posteriores) Trofeo.

1º Clasificado/a sub14 (nados no ano 2010 e posteriores) Trofeo.


NOTA: Os premios non serán acumulables, pasando ó seguinte clasificado da categoría correspondente.


Sistema de xogo: Suízo a 7 roldas.

Emparellamentos: realizaranse mediante programa informático (Vega); non se admitirán reclamacións salvo erros na introdución de resultados antes da publicación da seguinte rolda.

Tempo de espera: Ata caída de bandeira.

Bye: Os deportistas poden solicitar os bye que desexen, sendo nas 4 primeiras roldas de 0’5 puntos e no resto de 0 puntos,
avisando a organización antes do comenzo da rolda 1. Os bye por imposibilidade de emparellamento serán de 1 punto.

Horario de xogo:

Presentación: 11:00

1ª rolda: 11:15
2ª rolda: 12:00
3ª rolda: 12:45

4ª rolda: 16:00
5ª rolda: 16:50
6ª rolda: 17:40
7ª rolda: 18:30

Entrega de premios: 19:30 aprox.

Desempates:

1.- Encontro directo (DE)
2.- Bucholz corte-1 (BH-C1)
3.- Bucholz Total (BH)
4.- Progresivo ()
5.- Media de ELO dos rivais-1 (ARO-C1)

Inscricións: No correo electrónico xdm@xadrecista.eu ou a través wasap teléfono 652 696 531. Prazo ata o 20 de decembro, inclusive ou completar aforo de 110 xogadores.

Cota: Xeral 10€. Sub14 ou socios/xogadores do Club Xadrez Das Mariñas, 5€. GM e MI, tanto masculino coma feminino, gratis.

Información: www.xadrezdasmariñas.org; no telefono 652 696 531 e www.info64.org.



Datos adicionais:


1. Os participantes no torneo autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios de comunicación que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (listaxes de resultados, clasificacións, participantes, xogos, etc).

2. A inscrición no torneo leva aparellada a aceptación deste regulamento. Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.

3. A organización reservase o dereito de admisión e o de rectificar ou modificar estas bases simplemente mediante publicación na web www.xadrezdasmariñas.org.

4. Límite de participantes: 110.







Ningún comentario:

Publicar un comentario