08 maio 2024

10ª XORNADA DE LIGA GALEGA POR EQUIPOS

 

O pasado sábado xogouse a decima rolda da liga galega por equipos.

Na segunda división grupo A, enfrentabamosnos o equipo Escola Xadrez Sigras A, o noso equipo xa cos deberes feitos ó conseguir o ascenso matemático coa victoria na rolda 9, parece se relaxou máis da conta, e sumou a súa primeira derrota da tempada.

Unha derrota "sorpresa" por como estaban as partidas, ningunha das 4 partidas rematou cun "resultado xusto", onde debíamos gañar non se gañou, e onde debíamos perder, gañamos. O resultado final foi un 1.5-2.5 a favor de equipo de Sigras.  Pese a este reves,  o equipo sigue ó frente da clasificación, e con lograr un empate na ultima rolda, asegura matemáticamente o primeiro posto. Incluso pode valerlle perder pola mínima. 

Na segunda división grupo B, enfrontabamosnos ó líder a AAVV Sigras, o resultado final foi unha derrota por 3-1.

O equipo de terceira división xa remotou a súa competición a semana pasada polo que non xogaba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario