24 abril 2024

8ª Xornada da Liga Galega por Equipos

 


O sábado dia 20 tamen se disputou liga galega, no horario de sempre, as 17:00.

Os nosos equipos tiveron os seguintes encontros:

En segunda división grupo A, recibimos en Vila Concepción ó equipo lugués ELX Panaderia Fernando Valin, pola nosa parte os xogadores convocados foron: Marcos, Alfonso, Francisco e Roberto. O resultado final foi de victoria local por 3,5-0,5, as taboas foron no tableiro 3.

En segunda división grupo B, tocounos desplazar ó feudo do TDFC, un encontro contra un rival moi duro que busca o ascenso a primeira, algo que de momento ten nas suas mans ó obstentar a segunda praza na clasificación. Pola nosa parte fumos cun "equipo mixto" dous xogadores do equipo de segunda e subiron outros dous do equipo de terceira, polo que alineamos a David, Adrian, Juan Pazos e Juan Gutiérrez.  O resultado final foi de derrota por 3-1, o punto logramolo no cuarto tableiro onde debutaba na categoría Juan Gutiérrez.  

En terceira división grupo C, tamen xogamos como visitantes, na casa do Xadrez Culleredo, ante o seu equipo Mulleres no Xadrez, pola nosa parte xogaron: Alan, Félix, Hugo e Ruper. O resultado final foi un 0-4 ó noso favor, o cal nos asegura matemáticamente a terceira praza a falta dunha sola xornada para rematar esta categoría.

Ningún comentario:

Publicar un comentario