07 abril 2024

6ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE XADREZ

 Onte reanudouse a Liga Galega de Xadrez, despois do parón de Semana Santa, foi unha sexta xornada moi boa para os nosos equipos.


Na segunda División Grupo A, gañamos 4-0 ó equipo do Circulo Ferrolano E, o cal nos permite seguir lideres da categoria e nos acerca un pouco mais ó obxetivo desde ano, regresar a primeira división. Os compañeiros que xogaron foron, Marcos, Alfonso, Roberto e Luis Núñez.


Na Segunda División Grupo B, tocaba visitar o feudo da Escola Xadrez CLUBEXA, e ó resultado final foi victoria nosa pala mínima, gañamos nos taboleiros 1 e 2, onde xogaron Luis Patiño e Francisco Conde, taboas no terceiro de David, e perdimos no cuarto, onde xogaba Manuel Garcia.

En terceira división tocaba ir a xogar a Betanzos, ante un Betanzos que esta a facer unha boa tempada, e está en postos de ascenso, se segundo concretamente, pola nosa parte xogaron Juan Pedro, Alan, Félix e Juan Pazos. O resultado final por victoria nosa por 0,5-3,5. Con taboas de Juan Pedro contra Carlos de Pablos, e victoria visitante no resto de enfrontamentos. O equipo local alineou un bo equipo para esta xornada, algo loxico tendo en conta a sua intención de loitar polo ascenso, algo que segue tendo na sua man pese ó reves desta xornada, pois conserva esa segunda praza que lle daria o ascenso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario