24 abril 2024

XOGADE - FASE INTERCOMARCAL

 


O pasado sabado día 20, disputouse a seguinte fase do Xogade de Xadrez, a fase intercomarcal, onde nos habiamos clasificado na categoría intantil.

Os 4 equipos a disputar esa categoría eramos:
1 - Xadrez Carballo
2 - CIDU Infantil
3 - Xadrez Das Mariñas
4- Xadrez Arteixo


Na rolda 1 enfrentamosnos o equipo do CIDU, a priori un duelo igualado, unha igualdade que tamen se vio refrexada nos 4 tableiros, pero non no resultado final, onde acabamos perdendo por 4-0.

Na segunda rolda tocou enfrentarse o equipo de Arteixo, o resultado final foi un 2-2

Na terceira rolda xogamos co equipo local, Xadrez Carballo, ó cal lle ganamos 3,5-0.5


O equipo campion foi o equipo do CIDU con 9 ptos, seguido do Arteixo con 7 ptos, no terceiro lugar Xadrez das Mariñas con 5,5 ptos, e no cuarto lugar Xadrez Carballo con 2,5 ptos.


Non nos queda mais que felicitar ó campeon, o CIDU Infantil, e intentar en futuras edicións non empezar con un resultado tan adverso, o cal nos deixou fora de toda opcion xa na primeira ronda, pois con un simple 2-2 no primeiro encontro houbesemos retamatado nos no primeiro posto. Pero vamos a quedar ca parte positiva, o disfrute e a experiencia dos rapaces, que ó ser todos eles de primeiro ano de infantil, de seguro o volveran a intentar o ano que ven.

Ningún comentario:

Publicar un comentario