14 abril 2024

7ª Xornada da Liga Galega de Xadrez

 


Este sábado día 13 xogouse a séptima xornada da liga con resultados moi dispares para os nosos equipos.

En segunda división grupo A, visitamos o feudo da Escola Lugesa de Xadrez para enfrentarnos ó ELX Maestros do Parchis, onde logramos un pleno e gañamos 0 - 4, o noso equipo para esta xornada estaba formado por Francisco García, Roberto Souto, Jesús Rodríguez e Luis Nuñez.
Esta victoria mantennos no primeiro lugar da clasificación, e acercanos un pouco mais o obxetivo deste equipo para esta tempada, regresar a primeira división.


En segunda división grupo B, recibiamos ó equipo do CIDU.
Pola nosa parte formamos con Francisco Conde, Adrian Quevedo, Manuel Garcia e Ruper Garcia que subia do equipo de terceira.  De forma inesperada as cousas torceronse no tramo final do encontro, e o resultado final queda con derrota por 0-4. Un resultado que lle permite o equipo visitante seguir con opcións de meterse nos postos de ascenso a primeira división.                                                                                                                                                            (encontro XDM vs CIDU)
                                                                                                                            
En terceira división, recibiamos no noso feudo ós "veciños" do Mirko B, pola nosa parte formamos con Juan Pedro Nalda, Alan Floyd, Manu Miras e Juan Gutiérrez, o resultado final foi victoria local por 3-1, un resultado que, salvo catástrofe no tramo final (faltan só duas xornadas nesta categoría), nos asegura o terceiro posto da clasificación ó sacarlle 3,5 ptos ó cuarto clasificado. A vez, seguimos metendolle algo de presión ó segundo clasificado, o CXB Porto de Paula, unha segunda plaza que da ascenso a segunda división, algo que non esta nos obxetivos  (maxime tendo en conta que nos ultimas tres tempadas logramos acender equipo de terceira a segunda e nas dúas ultimas non estaba tampouco como obxetivo nin eramos o equipo favorito para eso) pero .... esta ben, e é bonito estar ahí arriba metendo presión ós favoritos (Escola Xadrez Culleredo A e CXB Porto de Paula), pero sin perder a nosa filosofia de clube, onde prima a rotación de xogadores dentro do posible, e que todos xoguen.

Ningún comentario:

Publicar un comentario