11 novembro 2025

II TORNEO XADREZ XDM MONTE ALTO

O campeonato estase a desenvolver con absoluta liberdade para os xogadores de marcar día e hora para xogar a súa partida, facilitando a participación e o bo ambiente que reina no torneo. 

Estando a punto de xogarse aprox. a metade das partidas, os resultados son os seguintes:


Encabeza a clasificación provisional Alan Floyd con 7,5 ptos ( 9 partidas) e sin coñecer a derrota.

O grupo "perseguidor" esta encabezado por Celestino Redondo con 5,5 ptos ( 9 partidas), seguido de Juanjo con 5 ptos (7 partidas) e Roberto con 4,5 ptos ( 7 partidas).

Pero non podemos descartar na loita polo campionato a Luis Nuñez, que leva 3 ptos en 3 partidas.

Sexa cal sexa o resultado final, o que esta claro é que todos eles estan a disfrutar das partidas a vez que lles serve a alguns para coller algo de experiencia, e outros como adestramento para a Liga Galega Xadrez por Equipos que comenza en xaneiro.

.


Ningún comentario:

Publicar un comentario