O pasado sábado día 25, celebrouse en Vila Concepción esta nova edición, foi unha tarde bo ambiente xadrecistico, onde disfrutamos tanto os xogadores como o público que se acercou.
Como xa e hatibual o torneo dividese en primeria e segunda división, pola nosa parte participamos con un equipo en primeira divisíon, que "defendía" o título de campeón da anterior edicción, e outro en segunda que servise de adestramento e coller experiencia ós debutantes.
PRIMEIRA DIVISION
O sorteo de grupos, pois cada categoría dividese en dous grupos de 4 equipos que xogamos unha primeira fase de liga, tocounos no grupo co equipo AAVV Sigras, CIDU B, e Alexandre Bóveda, o cal partia como favorito para gañar esta edición. Precisamente a primeira partida foi contra eles e logramos un empate 2-2, posteriormente vencimos 3-1 ó equipo AAVV Sigras, e 4-0 ó CIDU B.
Gracias a un empate entre Boveda e AAVV Sigras, pasamos a seguinte fase como campions de grupo. Na loita polos postso 1-4, xogamos contra o sub-campeón do outro grupo de primeira o Xadrez Betanzos, ó cal vencemos 3-1, metendonos na final para xogar polo primeiro e segundo posto ante o Alexandre Boveda, quen nos gañou por 3-1.
SEGUNDA DIVISION
Presentamos ó equipo XDM Monte Alto, composto por 3 xogadores veteranos e 3 xogadores noveles (sub-14). Non houbo sorte no sorteo de fase de liga, e acabamos encadrados no grupo con equipos moi superiores, Club Coruña A, Mirko e Perillo A. Logramos un meritorio 2-2 con Perillo A, perdimos 1-3 contra Mirko e 4-0 ante o Club Coruña A, que se finou a competición como campeón de segunda división.
Na fase de loitar polo postos 5-8, vencimos na primeira rolda 3-1 ó equipo de Perillo B, e na loita polo posto 5-6, vencimos tamen 3-1 ó equipo de Perillo A, polo que podemos decir que bo torneo dos compañeiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario