Cada vez son máis os que se acercan a xogar ó xadrez ó Centro Cívico de Monte Alto.
Parece que o xadrez ten gran número de aficionados nesa parte da cidade e xa non son solo os venres a tarde cando podes ver partidas xogandose, senon que soen quedar para xogar a través do grupo de wasap tres tardes a semana. Acuden tanto xogadores sen federar, como xogadores federados por diferentes clubs.
Dende Xadrez Das Mariñas, estamos colaborando coa organización da II Liga Xadrez Monte Alto.
Si esta interesado en participar ou simplemente ter información para acercarte a xogar o ver algún día, non dubides en contactarno no mail xdm@xadrecista.eu ou no teléfono 652 696 531, e facilitaremosche toda a información para que poidas sumarte ó Xadrez en Monte Alto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario