23 outubro 2025

COMUNICADO DO TECIDO SOCIAL DE CAMBRE

 Hoxe alzamos a voz por Cambre máis de 40 entidades do tecido asociativo de Cambre , que traballamos en conxunto e sen partidismos:

Denunciamos o abandono total que sofre o noso municipio por parte de todos os partidos políticos e dos distintos estamentos e funcionariado do Estado.


Cambre está bloqueado, e este bloqueo pagámolo todos: veciñanza, clubs, asociacións e familias.


🚫 Non falamos de cores políticas.

💬 Falamos do ben común, do futuro de Cambre e da necesidade de actuar con transparencia e unidade.

Necesitamos prazos reais e nalgúns casos son de extrema urxencia. 


Xa é hora de que todos se unan por un fin social, deixando ao carón intereses e diferenzas.

Cambre necesita solucións reais, non máis divisións.

Cada asociación de Cambre temos as nosas necesidades e dificultades propias, pero do mesmo xeito que pedimos unión e non división a todos os representantes políticos, mostramos a nosa unión e dispostos a predicar co exemplo, e antepoñer as nosas necesidades propias por dúas cremos son de extremada urxencia, como son o caso de Sementeira e club ciclista Cambre, que se atopan ao bordo da desaparición por non poder facer fronte ao pago de nóminas, seguros sociais, e/o fichas federativas que deben desde tempada 2023 


💛 Polo ben de todos.

Polo ben de Cambre.


#Cambre #UnidosPorCambre #Transparencia #CompromisoSocial #CambreMereceMás

Ningún comentario:

Publicar un comentario