15 agosto 2025

AGOSTO ACTIVO I

 Ainda que Agosto e tradicionalmente o mes de vacacións por excelencia, en Xadrez Das Mariñas esta sendo un mes bastante activo. Nesta primeira quincena:


XVI TORNEO SAN ROQUE DE BETANZOS

Torneo plenamente consolidado no contesto do xadrez galego, onde cada ano aumenta tano o nivel como o número de participantes. O ritmo de xogo era 10´+3".

Xogaron 3 compañeiros:

Marcos Martínez ,que partía no ranking inicial no posto 24, rematou o torneo con 5 dos 7 puntos posibles o que lle otorgou o posto 15 na clasificación final.

Celso Martínez que rematou con 2,5 ptos, e entra na próxima actualización con ELO FIDE de rápidas.

Pablo Fernandez, xogador sub-14, quen debutaba nun torneo oficial facendo un  bo papel e logrou gañar duas partidas.



III TORNEO ERLAC

Torneo a ritmo clásico, onde están a participar dous compañeiros. 


Marcos Martínez, partindo do posto 9 do ranking inicial,  leva un pleno de 4 de 4, o hoxe xogará na mesa 1.


Adrián Insua que leva 1,5 dos 4 posibles, pero facendo un gran papel antes rivales duros.


I TORNEO XADREZ XDM MONTE ALTO

Seguimos con esta actividade que se esta a xogar no Centro Cívico de Monte Alto, e xa esta no tramo final da mesma, cunha gran igualdade o que fai que a falta se so unha partida, sexan varios os xogadores con opción de proclamarse campións.

Torneo que se caracteriza polo bo ambiente a gran armonia entre os participantes, os cales teñen liberdade de adiantar partidas, ou xogar a rolda correspondente en calquer sitio que acorden entre eles, sempre baixo a premisa de cumplir co criterio de que se xogue unha rolda semanal. Tratase de facilitar a promoción do xadrez dando facilidades ós xogadores.



Ningún comentario:

Publicar un comentario