PRIMEIRA DIVISION
ClubEXA vs Xadrez Das Mariñas A 1 - 3
Terceira victoria no regreso do equipo a primeira, con victoria dos compañeiros Alfonso Iglesias (mesa1) e Francisco Conde ( mesa 4) quen subia desde o filial a xogar esta xornada, e empate de Sergio Couto (mesa 2) e Luis Nuñez (mesa3)
SEGUNDA DIVISION
Grupo A
Mirko A vs Xadrez Das Mariñas C 3-1
Derrota agridulce ante un dos favoritos ó titulo, o resultado xusto era un sorpresivo empate a 2-2, pero as normas son para todos iguais, e debemos estar atentos a elas, polo que finalmente o resultado foi derrota 3-1, pero ainda asi, bo arranque de liga do noso equipo C, quen pese a levar só 3 ptos, demostrou haber merecido máis, e conta ó seu favor que xa xogou contra os 3 favoritos as dúas plazas de ascenso, e segue fora das prazas de descenso cun equipo onde cada xornada estan a debutar xogadores na segunda división, o cal nos alegra, pois ese é o obxetivo desde equipo.
Grupo B
Xadrez Das Mariñas B vs Regatas Perillo 2 - 2
Os puntos do noso equipo foron logrados polos dous xogadores que subian de terceira a debutar na categoria, Manuel Miras e Jose María Liñares. Un equipo repleto de baixas a ultima hora, pero que esta sendo ben defendido polos compañeiros do equipo de terceira que estan a subir.
TERCEIRA DIVISION
Xadrez Das Mariñas D vs Sporting Club Casino 1-3
Derrota do noso equipo de terceira onde debutaron na competición 3 xogadores sub-10, alguns dos cales pagaron a inexperiencia e non foron quen de rematar unhas partidas con clara ventaxa para eles e acabaron perdendo. Pero o resultado é o de menos, o importante que o pasaron ben, disfrutaron da experiencia, e con ganas de repetir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario