03 marzo 2024

Resultados rolda 3 da liga galega por equipos

 

No dia de onte, dous de marzo, disputouse a terceira rolda da liga gallega por equipos, os resultados dos nosos equipos foron:


En segunda División Grupo A:

O equipo Xadrez das Mariñas recibia en Vila Concepción ó equipo de Regatas de Perillo, para ese encontro pola nosa parte xogaron: Marcos Martiñez, Francisco García, Roberto Souto e Luis Nuñez. O encontro foi máis disputado do que pode parecer polo 4-0 que figuraba no marcador final.


En segunda División Grupo B:

O equipo XDM-Grupo OCA tocaballe desprazarse a xogar a Lugo, contra o Xaquedrum Boby Fischer, por motivos laborais so puideron acudir dous dos nosos xogadores, que non puideron puntuar nada ante un rival claramente superior. Magoa deses dous negativos, pero dado que a permanencia esta asegurada ó no haber descensos este ano na categoría, o obxetivo do equipo e unicamente disfrutar da categoría, coller experiencia, sen preocuparse pola clasificación final. 

En Terceira División Grupo C:

Encontro tamen disputado en Vila Concepción, onde recibimos o MIRKO "C", pola nosa parte xogaron, Alan Floyd, Ahmed Bouras, Juan Gutiérrez e Hugo Méndez.

O resultado final foi unha clara victoria local por 3.5-0.5, taboas no primeiro taboeiro entre Alan e Hugo Boquete, e victoria do resto do equipo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario