11 marzo 2024

Cronica Ronda 4 Liga Galega Xadrez

 

Na segunda división gupo A, XDM vs Torreón  2-2 

Duro encontro entre os dous descendidos de primeira e ambos co obxetivo de regresar para a tempada 2025 a esa categoría. Encontro moi equilibrado, non so polo resultado final, senon polo resultado das partidas, que remataron as 4 en taboas.


Na segunda división grupo B, Mirko A vs XDM-Grupo OCA: 1-3


Duelo local que de decantou do lado dos visitantes, taboas nos tableiros onde xogamos con negras, 1 e 3, e victoria onde xogamos con brancas, 2 e 4. Resaltar as meritorias taboas no tableiro 1 do noso compañeiro Francisco Conde (FIDE 1757) con Dean Kolar (FIDE 2102) e a victoria de David Perez no segundo tableiro ante Alberto Sanchez Bardanca (FIDE 1833) o que acerca ó noso compañeiro a lograr entrar en breve con ELO FIDE.


Na terceira división grupo C, Smyslov Sada B vs Xadrez Das Mariñas-Tall. Hercules : 2-2

Victoria do equipo local nos tableiros 1 e 4, e victoria nosa no 2 e 3.





Ningún comentario:

Publicar un comentario