19 marzo 2024

FINAL FASE COMARCAL XADREZ DO XOGADE

Onte rematou a Fase da Comarca das Mariñas de xadrez do xogade, unha fase que contou con un gran numero de participantes, 117 inscritos repartidos nas tres categorias, Infantil, Alevin e Benxamin.


Categoría Infantil 

Cinco equipos participábamos nesta categoría, dous deles eran nosos, ambos remataron no podium final, un no primeiro posto e outro no terceiro lugar. O subcampeón foi o equipo de Mirko.  Con esta victoria clasificamosnos para xogar a fase Intercomarcal que se celebrará en Carballo o próximo 20 de Abril.

No plano indidual dous dos rapaces de XDM quedaron no mais alto da clasificación, Ruben Troiteiro (5 ptos) e Carmen Calvo (4,5 ptos)


Categoría Alevin

Once equipos participábamos nesta categoría, tres deles eran nosos. Unha categoría que resultou ser moi disputa a nivel de equipos, onde a diferencia de puntos entre o primeiro e o cuarto clasificado foi tan solo punto e medio. O vencedor foi o equipo de Mirko Alevin (15,5 ptos) seguido do Smyslov Saada (15 ptos), en terceiro lugar Xadrez das Mariñas con 14,5 ptos, e en cuarto lugar Mirko K con 14 ptos.

No plano individual o vencedor foi Marco Marcote do Smyslov Sada.


Categoria Benxamin

Des equipos participabamos nesta categoría, dous deles eran nosos, ó igual que na categoría alevin, acadamos un terceiro posto na clasificación final. O vencedor foi o equipo de Mirko, seguido do equipo Smyslov Sada.

No plano individual o vencedor foi Alvaro Carril do Smyslov Sada.



Ningún comentario:

Publicar un comentario