25 febreiro 2024

Resultados segunda rolda liga galega

 

Onte, sábado 24 disputouse a segunda rolda la Liga Galega por Equipos de Xadrez, onde os resultados dos nosos tres equipos foron:


2º Div. Grupo A

Narón B vs Xadrez das Mariñas : 2 - 2

Un bo empate ante un dos equipos con mellor plantel, pola nosa parte presentamos un equipo composto por Alfonso Iglesias (0.5), Francisco Garcia (1), Jesús Rodriguez (0.5) e Ahmed Bouras (0) que subia do filial a xogar esta rolda.


2º Div. Grupo B

XDM - Grupo OCA vs E.L.X. Absoluto : 3.5 - 0.5

Victoria clara e contundente do equipo local pola nosa parte presentamos un equipo composto por Luis Patiño (1), David Perez (1), Adrián Quevedo  (0.5) e Manuel Garcia (1).


3º Div. Grupo C

Temible Equipo B EXC  vs Xadrez das Mariñas - Tall Hercules : 2.5 - 1.5

Os resultados da primeria rolda, fixeron que este duelo tivera o hándicap de enfrentar ós dous primerios clasificados da categoría, o noso equipo estaba composto por Nalda (0.5), Alan (1), Hugo  (0) e Ruper (0). Bo resultado tendo en conta que o "temible equipo B" e un dos que quere loitar por unha das dúas plazas de ascenso. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario