16 febreiro 2024

ARRANCA A LIGA GALEGA DE XADREZ

  Xa estamos na conta atrás para o inicio da competición mais esperada por nos, a Liga Galega de Xadrez por equipos.

Maña as 17:00 poñense en marcha os reloxes.

Dado que o domingo é xornada electoral, non podemos usar o sábado a instalación habitual de xogo como equipo local, Vila Concepción, polo que nesta primera xornada xogamos no centro Comercial Los Rosales. Alí teran lugar os encontros de :

Segunda división grupo A

Xadrez Das Mariñas - Grupo Bazán B

Tercera división grupo C

Xadrez das Mariñas - Sporting club Casino

 

Por contra o noso equipo de segunda división grupo B, desplazase a xogar a Arteixo

Arteixo B - XDM

Boa sorte a todos, e sobretodo disfrutar das partidas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario