19 marzo 2020

LIGA XADREZ ONLINE DAS MARIÑAS

LIGA XADREZ ONLINE DAS MARIÑAS
(Marzo de 2020)

Bases

O torneo estará aberto á participación de calquera xogador federado ou non que o dexese.

A inscripción será de balde.

Xogarase na plataforma online de chess.com. Polo que é necesario ter creada unha conta de xogo. Para se inscribir deberáse enviar un correo electrónico ao correo xdm@xadrecista.eu indicando nome, ELO FIDE, nick en chess.com e whatsapp de contacto. (Se ambos xogadores están de acordo en xogar a súa partida noutra plataforma tamén poden facelo)

Xogarase unha liga, a un ritmo de  15´minutos + 10´´seg por xogada.

Sistema de xogo:

A Liga Xadrez Online das Mariñas constará de varias divisións. Cos seus correspondentes ascensos e descensos de categoría para posteriores edicions.

Nesta primeira edición, farase unha orde de forza teórica segundo o ELO FIDE Rpd. Os seis primerios serán asignados á primeira división, os 12 restantes á segunda división. Nesta segunda división exitirán dous grupos A e B (tamen de 6 xogadores cada un) os xogadores restantes serán asignados alternativamente a un e outro grupo. O resto de xogadores pasarían a formar parte dunha terceira división.

Dependendo da cantidade de xogadores inscritos, poderase variar o sistema de competición, polo que a organización reservase o dereito a facer modificacións ao respecto, previo aviso neste espazo web e nos grupos de whatsapp.

Unha vez formalizadas as inscripcións (ata o domingo día 22 as 20:00) publicarase neste espazo (www.xadrezdasmariñas.org) a composición dos grupos e o cadro de roldas, asi como as respectivas actualizacións de resultados.

Horario de xogo previsto:

Fixase unha rolda diaria, ás 22:00. Posto que se publicará o calendario completo os xogadores poden adiantar de mutuo acordo a rolda e mesmo xogar mais roldas nun mesmo día, sempre que exista acordo dos xogadores.

Empezarase a xogar o luns día 23.

Ambos xogadores retaránse, respectando as cores indicadas no calendario, na plataforma que escollan e co ritmo sinalado de 15 + 10”. Unha vez rematada a partida, comunicaran o resultado por whatsapp ou correo electrónico.

No caso de incomparecencia dalgún dos xogadores, enviarase unha captura de pantalla onde se vexa o reto a ese xogador, e que non foi aceptado.

Sistema de ascensos e descensos:

Entre 1 e 2ª división.
Os dous últimos clasificados na primeira división descenderán de categoría para a vindeira edición. Ocuparán a súa praza os dous campions da segunda categoría.

Entre 2 e 3 división.
Os últimos clasificados da segunda división descenderán de categoría.
Os campións de terceira ascenderán a xogar en segunda división na próxima edición.
En caso de haber 4 grupos de terceira división, ascenderán os campions dos catro grupos, e descenderán os dous últimos clasificados dos dous grupos de segunda.

Os participantes autorizan a publicación dos seus datos nos diferentes medios de comunicación que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (listado de resultados, clasificacions, partidas, ,….).

A participación no campeonato, supón a aceptación destas bases.

Consulta mais actividades estas datas en www.xogandocoxadrez.eu

Ningún comentario:

Publicar un comentario