30 agosto 2025

RESULTADOS CTO XADREZ BLITZ DAS MARIÑAS 2025

 

Torneo válido para ELO FIDE BLITZ disputado hoxe pola maña na Casa da Cultura Villa Concepción (Cambre)
Vencedor o MI Luis Medarde.
Sub - campión: MF Jose Sande
3º clasificado: Noel Casares
Mellor jugador sub 1800: Unai Casares
Mellor jugador sub 1600: Nicolás Budiño

Para a entrega de premios contamos coa presencia do Concelleiro Omar Gonzalo, quen como afeccionado ó xadrez tamen estivo presente durante gran parte do evento disfrutando das partidas.

Ainda que foron varios os compañeiros de clube xogando o torneo, e todos eles cun bo papel no mesmo, queremos resaltar e felicitar a dous deles, Pablo Férnandez (SUB-14), que rematou con 3 ptos xogando todas as partidas con rivais de ELO FIDE, ó igual que a Diego G. Cerejeiro que no seu debut sumou 2 ptos, e ó igual que Diego todos os seus rivais tiñan ELO FIDE, polo que ambos compañeiros entraran por méritos propios no listado de octubre con ELO FIDE BLITZ.
Gracias a todos pola súa asistencia, confiamos fora un torneo ó agrado de todos e esperamos volver a contar con todos en futuras actividades.

























17 agosto 2025

TORNEO XADREZ DAS MARIÑAS BLITZ 2025

 Data: Sábado 30 de agosto de 2025.

 

Local de xogo: Casa da Cultura Vila Concepción (Cambre)

 

Sistema de xogo: suizo a 7 rondas.

 

Ritmo de xogo: 5´ + 3” incremento por xogada.

 

Horario de xogo: 10:15 presentación;10:30 1ª rolda; 13:30 clausura.

 

Emparellamentos: Realizaránse mediante programa informático, Non se admitirán reclamacions salvo erros na introducción de resultados antes do inicio da seguinte rolda.

 

Participantes: O torneo será válido para ELO FIDE de xadrez blitz. Aberto á participación de calquera xogador con licencia en vigor. A organización poderá tramitarlle a mesma ó xogador que carezca dela.

 

Inscricions: xeral : 10 €; socios de Xadrez Das Mariñas e xogadores sub-14, 7 € , pagos con tarxeta cubrindo o formulario  na aplicación https://app.cluber.es/clubes/675c3449170a3492443342/pagos/68934de44c765375542987

 

 

Desempates:  Encontro Directo,  Media de Elo dos rivais -1 (ARO-C1), Bucholz Total.

 

Premios: (non acumulativos, entrega en acto de clausura )

1º Clasificado: 75 €                            Mellor sub-1800: 20€

2º Clasificado: 40 €                            Mellor sub-1600: 15 €

3º Clasificado: 25 €


Regras de xogo:

Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.

 

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización dos participantes para publicar os seus datos personais ou fotografías nos diversos medios de comunicación que se considere oportunos para difusión do evento (resultados, listados, clasificacions, partidas, fotos, etc.…) A organización resérvase o dereito de admisión e o dereito de rectificar ou modificar estas bases ou cancelar o torneo sin mais aviso que a súa publicación na páxina web oficial 


 ORGANIZA 
:     XADREZ DAS MARIÑAS                    COLABORA: CONCELLO DE CAMBRE


 

15 agosto 2025

AGOSTO ACTIVO I

 Ainda que Agosto e tradicionalmente o mes de vacacións por excelencia, en Xadrez Das Mariñas esta sendo un mes bastante activo. Nesta primeira quincena:


XVI TORNEO SAN ROQUE DE BETANZOS

Torneo plenamente consolidado no contesto do xadrez galego, onde cada ano aumenta tano o nivel como o número de participantes. O ritmo de xogo era 10´+3".

Xogaron 3 compañeiros:

Marcos Martínez ,que partía no ranking inicial no posto 24, rematou o torneo con 5 dos 7 puntos posibles o que lle otorgou o posto 15 na clasificación final.

Celso Martínez que rematou con 2,5 ptos, e entra na próxima actualización con ELO FIDE de rápidas.

Pablo Fernandez, xogador sub-14, quen debutaba nun torneo oficial facendo un  bo papel e logrou gañar duas partidas.



III TORNEO ERLAC

Torneo a ritmo clásico, onde están a participar dous compañeiros. 


Marcos Martínez, partindo do posto 9 do ranking inicial,  leva un pleno de 4 de 4, o hoxe xogará na mesa 1.


Adrián Insua que leva 1,5 dos 4 posibles, pero facendo un gran papel antes rivales duros.


I TORNEO XADREZ XDM MONTE ALTO

Seguimos con esta actividade que se esta a xogar no Centro Cívico de Monte Alto, e xa esta no tramo final da mesma, cunha gran igualdade o que fai que a falta se so unha partida, sexan varios os xogadores con opción de proclamarse campións.

Torneo que se caracteriza polo bo ambiente a gran armonia entre os participantes, os cales teñen liberdade de adiantar partidas, ou xogar a rolda correspondente en calquer sitio que acorden entre eles, sempre baixo a premisa de cumplir co criterio de que se xogue unha rolda semanal. Tratase de facilitar a promoción do xadrez dando facilidades ós xogadores.



06 agosto 2025

XADREZ EN MONTE ALTO

 Seguimos con actividade de Xadrez en Monte Alto, onde todos os venres (as veces algun día mais)  reunense varios xogadores no Centro Civico de Monte Alto a xogar unhas partidas.

Teñen cabida tanto xogades experimentados como noveles, onde o nexo común e disfrutar xogando ó xadrez.

Ademais das partidas amigables, estan a disputar un pequeno torneo social entre os asistentes.