28 xaneiro 2025

LIGA GALEGA XADREZ POR EQUIPOS

 Este sábado día 1 de febreiro comenzara a Liga Galega de Xadrez por Equipos, que é o evento de maior relevancia do xadrez galego tanto por numero de xogadores que participan como por numero de equipos. Dende Xadrez Das Mariñas participamos con 4 equipos. Para esta primeira rolda, o calendario deparanos os seguintes enfrontamentos:

O equipo Xadrez das Mariñas de primeira división viaxa a xogar a Narón, ante o Circulo Narón B

O equipo XDM "B" Coruña, na segunda división grupo B, recibe ó equipo TDF Dulce.

O equipo Xadrez Das Mariñas "C", de segunda división grupo A, visita o feudo da Escola Xadrez Culleredo.

O equipo Xadrez Das Mariñas "D", de terceira división grupo C, recibe ó equipo Escola Xadrez Sigras-Cambre "C".

O prazo para a incorporación de novos xogadores a calquera dos equipos ainda esta aberto. Polo que si che interesa probar a experiencia, non dudes en contactar con nos a traves do correo xdm@xadrecista.eu.


Ningún comentario:

Publicar un comentario