A FEGAXA (Federación Galega de Xadrez) comunicounos que o noso equipo Xadrez Das Mariñas - Talleres Hercules que a pasada tempada xogou na terceira división, rematando no terceiro lugar (quedando fora das dúas prazas de ascenso), finalmente, ó ser o equipo con mayor % de puntos logrados dos equipos que non ascenderon en terceira, ten dereito a ocupar para a temporada 2025 unha praza vacante en segunda división. Polo que para a tempada 2025 o noso clube presentará para xogar a Liga Galega Xadrez por equipos:
1 equipo en Primeira División
2 equipos en Segunda División
1 equipo en Terceira División
O prazo para a incorporación de novos xogadores no orden de forza de cada equipo remata o día 5 de xaneiro de 2025.
Ningún comentario:
Publicar un comentario