10 maio 2020

EQUIPO XDM EN PROBAS INTERNACIONAIS

Como sabedes neste periodo de corentena temos creado un equipo de xadrez online en lichess. Realmente a día de hoxe temos tres para afrontar os distintos proxectos que van xurdindo.

Unha das accións mais interesantes, que pode xerar actividades presenciais no futuro, é a participación en probas realizadas por Futurix.

Moito mellor ademais se veñen acompañados de triunfos nestas probas con participación de diversos paises. Isto pasou no I Futurix Internacional (https://lichess.org/tournament/24kXSw5g).

Tamén na Batalla do Xogo de Tronos, tivemos a fortuna de quedar primeiros, a pesar de que moitos non sabian que era a modalidade de horda.

Iniciativas interesantes que agradamos manter e fortalecer cando esta situación remate.

Grazas a Futurix por organizar, a todos por participar e ánimo que os torneos presenciais están mais próximos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario