11 novembro 2025

II TORNEO XADREZ XDM MONTE ALTO

O campeonato estase a desenvolver con absoluta liberdade para os xogadores de marcar día e hora para xogar a súa partida, facilitando a participación e o bo ambiente que reina no torneo. 

Estando a punto de xogarse aprox. a metade das partidas, os resultados son os seguintes:


Encabeza a clasificación provisional Alan Floyd con 7,5 ptos ( 9 partidas) e sin coñecer a derrota.

O grupo "perseguidor" esta encabezado por Celestino Redondo con 5,5 ptos ( 9 partidas), seguido de Juanjo con 5 ptos (7 partidas) e Roberto con 4,5 ptos ( 7 partidas).

Pero non podemos descartar na loita polo campionato a Luis Nuñez, que leva 3 ptos en 3 partidas.

Sexa cal sexa o resultado final, o que esta claro é que todos eles estan a disfrutar das partidas a vez que lles serve a alguns para coller algo de experiencia, e outros como adestramento para a Liga Galega Xadrez por Equipos que comenza en xaneiro.

.


28 outubro 2025

VI LIGA POR EQUIPOS DE XADREZ DAS MARIÑAS

 O pasado sábado día 25, celebrouse en Vila Concepción esta nova edición, foi unha tarde bo ambiente xadrecistico, onde disfrutamos tanto os xogadores como o público que se acercou.



Como xa e hatibual o torneo dividese en primeria e segunda división, pola nosa parte participamos con un equipo en primeira divisíon, que "defendía" o título de campeón da anterior edicción, e outro en segunda que servise de adestramento e coller experiencia ós debutantes.

PRIMEIRA DIVISION

O sorteo de grupos, pois cada categoría dividese en dous grupos de 4 equipos que xogamos unha primeira fase de liga, tocounos no grupo co equipo AAVV Sigras, CIDU B, e Alexandre Bóveda, o cal partia como favorito para gañar esta edición. Precisamente a primeira partida foi contra eles e logramos un empate 2-2, posteriormente vencimos 3-1 ó equipo AAVV Sigras, e 4-0 ó CIDU B.

Gracias a un empate entre Boveda e AAVV Sigras, pasamos a seguinte fase como campions de grupo. Na loita polos postso 1-4, xogamos contra o sub-campeón do outro grupo de primeira o Xadrez Betanzos, ó cal vencemos 3-1, metendonos na final para xogar polo primeiro e segundo posto ante o Alexandre Boveda, quen nos gañou por 3-1.


                                 Equipo de Xadrez das Mariñas subcampeon de primeira división


SEGUNDA DIVISION

Presentamos ó equipo XDM Monte Alto, composto por 3 xogadores veteranos e 3 xogadores noveles (sub-14). Non houbo sorte no sorteo de fase de liga, e acabamos encadrados no grupo con equipos moi superiores, Club Coruña A, Mirko e Perillo A. Logramos un meritorio 2-2 con Perillo A, perdimos 1-3 contra Mirko e 4-0 ante o Club Coruña A, que se finou a competición como campeón de segunda división.

Na fase de loitar polo postos 5-8, vencimos na primeira rolda 3-1 ó equipo de Perillo B, e na loita polo posto 5-6, vencimos tamen 3-1 ó equipo de Perillo A, polo que podemos decir que bo torneo dos compañeiros.

















23 outubro 2025

VI LIGA DE EQUIPOS DE XADREZ DAS MARIÑAS

 Un ano máis vaise disputar na Casa da Cultura de Vila Concepción una nova edición desta proba, será este sábado 25 de 17:00 a 20:30.

Participamos con un equipo na primeira división, que sae a defender o titulo de campión logrado o ano pasado, algo complicado pois cada ano o nivel vaise elevando e todos os equipos participantes queremos gañar; e outro en segunda.

A competición conta coa presencia dos clubs da comarca Club Xadrez Betanzos, Escola Xadrez Sigras, Escola Xadrez Culleredo, Mirko, Regatas Perillo, Alexandre Boveda, Escola Tecnica das Mariñas, obviamente Xadrez Das Mariñas, por temas de axenda renuncian a xogar esta edición TDFC e Smyslov de Sada, pero con ganas de poder participar na proxima. 

En definitiva, todo apunta a que este sábado habra un gran ambiente xadrecistico na Casa da Cultura Vila Concepción, onde calquer afecionado o xadrez sera benvido a ver as partidas ou xogar algunha amistosa.