16 setembro 2025

I TORNEO XDM MONTE ALTO - FINAL

 Xa temos gañador desta primeiro torneo Xadrez das Mariñas Monte Alto, o noso compañeiro de clube Edy Patiño con 6,5 ptos dos 7 posibles. No segundo lugar Rodrigo Lopez do club EX Sigras, con 6 ptos, terceiro clasificado, Jose Castelo con 5 puntos, do club Xadrez Macondo.

Un evento que parece gustou ós participantes e xa "reclamaron" unha segunda proba de similares caracteristicas, e como non nos gusta facernos de rogar..... xa temos a volta da esquina esa segunda edición, a cal ó igual con esta, será a disputarse unha ronda semanal.


02 setembro 2025

III COPA GONZALEZ MARCH

 Onte dou comenzo esa competición no Sporting Club Casino da Coruña, na cal están a participar varios compañeiros de Xadrez Das Mariñas (XDM), Juan Pedro, Alan, Juan Amil e Adrián Martínez.


Na primeira rolda Juan Pedro (Nalda) tocoulle enfrentarse ó número 1 do ranking, JacoboVieites (FIDE 1905), unha partida larga e dura, a cal rematou en empate. 

Pola súa banda Alan gañou ante Simón García, mentras que Juan Amil e Adrián Martínez acabaron perdendo as suas respectivas partidas.

Sorte a todos eles no que resta de torneo.