Despois quedar campeons na categíra Benxamin da fase Comarcal de Xadrez (23 ptos de 24), e repetir posto na fase Intercomarcal (11 de 12 ptos), hoxe tocaba xogar a derradeira fase da competición, a Fase Provincial. (Alguns votamos de menos a epoca na que habia unha fase mais, o Cto Galego, pero que dende ahi uns anos a Xunta optou con "cancelar" e rematar de competición do XOGADE no cto provincial)
Os equipos clasificados na categoría Benxamin para esta competición eramos:
Xadrez Das Mariñas (Cambre)
Remedios A (Santiago)
Xadrez Marquiño (Ribeira)
Curtis
O equipo de Curtis finalmente non puido asistir e a súa praza foi cuberta polo CIDU (Coruña).
O noso equipo nesta ocasión estaba formado por Nuno Moro, Iker Landeira, Jorge Abellan , Manuel Varela, Aitor Mosquera e Brais Garcia.
Na primeira rolda xogamos contra o equipo de Marquiño, cun resultado favorable para os nosos rapaces de 3-1.
Na segunda rolda xogamos contra o equipo do CIDU, con un resultado final de 4-0 ó noso favor.
Na redaira rolda, con 7 ptos, xogabamos contra o segundo clasificado nese intre, Remedios A, con 5 ptos, polo que ambos equipos dependian deles para proclamarse campions, o resultado final foi un novo 4-0 ó noso favor.
A clasificación final foi:
1.- Xadrez das Mariñas. 11 ptos
2.-Xadrez Marquiño ......6 ptos
3.- Remedios ............... 5 ptos
4.- CIDU ..................... 2 ptos
PARABENS POR ESTE NOVO TITULO
A clasificacion final nas outras categorias foi:
Categoria Alevin
1 - Xadrez Ames
2 - Sada Smyslov
3 - TDFC (A coruña)
4 - Xadrez Oroso
Categoria Infantil
1 - Xadrez Compostela
2 - Xadrez Marquiño
3 - Arteixo-Laracha
4 - Xadrez Mirko
Ningún comentario:
Publicar un comentario