20 decembro 2020

Resultado Xadrez de Navidad

Seguramente esta de 2020 foi a edición mais extraña do Torneo de Navidad, que nos últimos anos recuperara a súa importancia (en 2019 foi dos torneos mais concurrido da Coruña).

Pero adaptándono ao entorno COVID realizamos un adestramento consistente nun pequeno torneo cunha ducia de persoas (o máximo permitido eran 16).

Daniel Pousada gañou a proba consistente nun suizo a 4 roldas. Os tres primeiros levaron un trofeo conmemorativo.









1 DANIEL POUSADA,             1533 3.5 11.5 9.5 9.75 6.0
2 FRANCISCO GARCIA VEIRAS,     1705 3.5 8.5 9.5 6.75 4.0
3 DAVID PEREZ,                         3 7.5 7.0 4.00 3.0
4 ALBERTO GARCIA,                 3 7.5 6.0 4.00 3.0
5 DANIEL CODESIDO,             1626 2 9.5 7.0 3.00 5.0
6 BRAIS MARTINEZ,                 2 9.0 6.0 4.00 4.0
7 FLORENCIO GONZALEZ,     1529 2 7.5 4.0 2.00 3.0
8 NOA GARCIA-MUÑOZ,     1196 2 6.5 4.0 1.00 3.0
9 VERA GARCIA-MUÑOZ,     1244 1 8.5 4.0 0.00 5.0
10 LUIS RODRIGUEZ,             1400 1 8.0 2.0 0.00 5.0
11 JUAN CARLOS BARDERA,     1075 1 7.0 1.0 0.00 4.0
12 SIMON GARCIA,                         0 5.0 0.0 0.00 2.0

16 decembro 2020

LXXII AJEDREZ DE NAVIDAD

LXXII AJEDREZ DE NAVIDAD

Como o resto de actividades deste 2020, vai ter moitos cambios pola situación da COVID. A actividade ten a condición de adestramento / partidas amistosas federadas, polo que é obrigatorio contar coa licenza federativa de 2020.

1. Participantes.
Poderán participar nesta proba os xadrecistas que o desexen. Só haberá 16 prazas, polo que terán prioridade os socios de AGAX, que deberán contar con licenza federativa. Para aqueles que se fagan socios de AGAX para 2020-2021 entregaremos unha máscara con motivo de xadrez e un pequeno bote de xel hidroalcohólico.
2. Modalidade.
Xogaranse catro partidas en sistema suizo.
3. Ritmo de xogo.
Haberá 20 minutos de tempo por xogador. 
4. Lugar. 
Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos. Sala de hemeroteca con ventás á rua que permanecerán abertas para facilitar a ventilación.
5. Horario.
1ª Rolda: 17,30 / 2ª Rolda: 18,30 / 3ª Rolda: 19,30 / 4ª Rolda: 20,30 
Entre rolda e rolda a sala deberá quedar vacía para favorecer a desinfeción do material de xogo.
6. Premios.
Trofeo para os tres primeiros clasificados.
7. Inscricións.
A inscrición é de balde.
Como en anos pasados solicitamos unha doazón de alimentos non perecedeiros.
(en anos anteriores ó destinatario foi o Banco de Alimentos https://www.facebook.com/balrial/posts/1522154844589289)


Advertencia 1: Os participantes (ou os seus titores) autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa aparición nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Os participantes recibirán un correo confirmando a inscrición co documento de aceptación de risco dacordo cos protocolos anti-COVID presentes na páxina da Federación Galega de Xadrez.

ASPECTOS ESPECIAIS POLA COVID
Será de aplicación a normativa de prevención antiCOVID de adestramentos da Federación Galega de Xadrez. As seguintes normas tamén serán de aplicación en tanto complementan algunhas das anteriores e non as limitan. 
1. É obrigatorio levar posta unha máscara en todo momento. Non estará permitido comer ou beber na sala de xogo. 
2. É obrigatorio o uso do xel na entrada da sala. Así mesmo deberá usarse sempre que as mans entren en contacto con superficies non desinfectadas e especialmente tras tocar as pezas manipuladas anteriormente polo rival (no caso das capturas). É aconsellable que cada xogador leve un frasco de xel.
3. Será obrigatorio o uso da alfombra desinfectante que se coloque á entrada sa Sala de Xogo.
4. Os xogadores non permanecerán na sala de xogo mais tempo do necesario para xogar a partida. Polo tanto non haberá análise posterior. Tampouco poderán pasear pola sala.
5. Os xogadores non deberán darse a man ao inicio ou fin da partida. 
6. Antes de entrar na sala medirase a temperatura dos participantes.
7. Os aspectos aqui expostos poden verse complementados, antes e durante o torneo co fin de garantir na medida do posible unha actividade segura.

O SÁBADO celebrarase unha proba similar para os sub14 (nados en 2006 ou seguintes) no Centro Comercial Los Rosales co mesmo horario. 

PREME PARA ANOTARSE

10 maio 2020

EQUIPO XDM EN PROBAS INTERNACIONAIS

Como sabedes neste periodo de corentena temos creado un equipo de xadrez online en lichess. Realmente a día de hoxe temos tres para afrontar os distintos proxectos que van xurdindo.

Unha das accións mais interesantes, que pode xerar actividades presenciais no futuro, é a participación en probas realizadas por Futurix.

Moito mellor ademais se veñen acompañados de triunfos nestas probas con participación de diversos paises. Isto pasou no I Futurix Internacional (https://lichess.org/tournament/24kXSw5g).

Tamén na Batalla do Xogo de Tronos, tivemos a fortuna de quedar primeiros, a pesar de que moitos non sabian que era a modalidade de horda.

Iniciativas interesantes que agradamos manter e fortalecer cando esta situación remate.

Grazas a Futurix por organizar, a todos por participar e ánimo que os torneos presenciais están mais próximos.

01 maio 2020

ACTIVIDADE INICIO DE MAIO

Este fin de semana vai ser especial. Imos ir dando pasos tamén por internet á volta á "normalidade" e a necesidade de adestrar e non só xogar. De feito introducimos varias actividades organizadas por Futurix (algunhas para rapaces exclusivamente).

Ademais os concuros de debuxo e relatos quedan prorrogados ata este domingo... ultimas horas para presentarse.

Como varias das actividades son en Lichess, aseguraros de estar nos equipos:

PARA TODOS: https://lichess.org/team/xdm

PARA OS RAPACES DA ESCOLA: https://lichess.org/team/xdm-escola-cidu
Para entrar informar do nome real, xa que é un equipo que vai empregarse para actividades de formación no futuro.

VENRES 1 MAIO

TORNEO DA SESTA
Non hai circuito pero temos o torneo da sesta en Xadrez 960 igoalmente.
Ollo: Será na modalidade Arena (a mais habitual en Lichess e polo tanto a duración é de 17,00 a 18,00)
https://www.chess.com/live#r=193744

ADESTRAMENTO EN DEFENSA ALEKHINE.
O sábado hai un torneo sub 12 con esta apertura e este torneo está pensado para adestrar. Os xogadores deben xogar obrigatoriamente a B02 - Defensa Alekhine. As partidas empezarán xa con xogadas feitas desta Defensa, que toma o seu nome do campión mundial Alexander Alekhine.

1.e4 Cf6
Unha posible continuación é:
2.e5 Cd5
3.c4 Cb6
4.d4

Aproveita para saber mais desta defensa en youtube con este video en 15 minutos con Luisón.


21,00 - TORNEO ADESTRAMENTO ALEKHINE Arena
https://lichess.org/tournament/l1b9woGB
Para entrar debes ser del equipo XDM en Lichess.

22,15 Batalla por Equipos - FUTURIX GUERRA DOS TRONOS

22,15- 3+2 (Battle): https://lichess.org/tournament/zUtdLFeB
23,25- 3+2 (Horde): https://lichess.org/tournament/02EddKhY
23,55- 1+2 (Bullet): https://lichess.org/tournament/gZof6Xql

SABADO 2 DE MAIO

12,00  TORNEO SUB 12 (Nados en 2008 ou seguintes)
Sub 12 (B02 Alekhine's Defence) 5+5
https://lichess.org/tournament/SRfv9w9c

16,00 Batalla por Equipos FUTURIX INTERNATIONAL TEAMS
en https://lichess.org/tournament/24kXSw5g

19,45 Batalla por Equipos V MEGACOPA CXF GRUPO 4-FASE 1
https://lichess.org/tournament/A7UHFoLD

0,30 TORNEO VAI DURMIR
https://www.chess.com/live#t=1211723

DOMINGO 3 DE MAIO

13,00 TORNEO 3 XAQUES (HOUBO UN ERRO E QUEDOU EN XADREZ FIDE)
https://www.chess.com/live#t=1211724

17,00 TORNEO 960
https://www.chess.com/live#t=1214254

19,00 TORNEO 3 XAQUES
https://www.chess.com/live#t=1214256

21,00 TORNEO DA NOITIÑA
https://www.chess.com/live#t=1214255

0,30 TORNEO VAI DURMIR
https://www.chess.com/live#t=1214257

23 marzo 2020

LIGA XADREZ ONLINE DAS MARIÑAS

LIGA  XADREZ ONLINE DAS MARIÑAS

Finalmente a liga vai estar formada por dúas divisións, primeira e segunda, ambas con 7 xogadores. Repartidos so seguinte xeiyo:

PRIMEIRA DIVISION
Xogador                Chess.com ELO Rpd. CLUB
1 Fran Pedreira        franpedre            1832             SIGRAS
2 Rodrigo Pena        RoiandRoll 1718            SIGRAS
3 Fco Garcia            Gaicul05             1673            XDM
4 Dani Codesido       danidt                1626           CIDU
5 Marcos Laiño        MarcosSigras 1607        SIGRAS
6 Carlos Castedo       zerdeja1960 1599        XDM
7 Julian del Rio        jujapa                 1528        BETANZOS

SEGUNDA DIVISION
Xogador                Chess.com ELO Rpd. CLUB
1 Roberto Serrano JoinFreeEasy 1473             CIDU
2 Luis Rodriguez lnewcas              1397             XADREZ FORTE
3 Brais Casas          Magicbrais 1385             CIDU
4 Alvaro Pardo        olwars                -                   SIGRAS
5 Benito Riobo        Elbuitre69 -                   SIGRAS
6 Brais Martinez Nostradamus-GGG33            CIDU
7 Celia Lorenzo       Minerva-GZ -                       CIDU

DESENVOLVEMENTO

ROLDAS

LUNS 23: 1-8 2-7 3-6 4-5

MARTES 24: 8-5 6-4 7-3 1-2

MERCORES 25: 2-8 3-1 4-7 5-6

XOVES 26: 8-6 7-5 1-4 2-3

VENRES 27: 3-8 4-2 5-1 6-7

SABADO 28: 8-7 1-6 2-5 3-4

DOMINGO 29: 4-8 5-3 6-2 7-1

O xogador nº 8 enténdese que é un descanso xa que hai 7 xogadores en cada grupo.

Algunhas cousas das bases:

Fixase unha rolda diaria, ás 22:00. Pódense adiantar de mutuo acordo, mesmo xogar mais roldas nun mesmo día si existe acordo dos xogadores.

Ambos xogadores retaranse na plataforma chess.com cun mach a ritmo de 15 + 10”, unha vez finalizada a partida, enviarase o resultado por wasap (652696531) ou mail.

Na composición dos grupos premendo no nick en chess.com leva ao perfil de cada xogador mesa plataforma para facilitar os retos. 

Hai que respetar as cores, sendo o primero numero de cada emparellamento indicativo das brancas.

* Sistema de ascensos e descensos:
Entre 1 e 2ª división.
Os dous últimos clasificados na primeira división descenderán de categoría para vindeiras edicions. Ocupando a sua praza nesa categoría os dous mellores da segunda categoría.

CADRO FINAL




22 marzo 2020

EQUIPO EN LICHESS

LICHESS.ORG
Dende este sábado contamos cun equipo en lichess.
Xa sabedes que facer unha conta é de balde PREME
É importante que logo de facer a conta esteas no club a través desta ligazón: https://lichess.org/team/xdm

Por outra banda xa sabes que en www.xogandocoxadrez.eu colaboramos con AGAX na celebración de moitas actividades. INCUDE as fai a través de CHESS.COM. Podes facer unha conta de balde PREME
É importante que logo de facer a conta esteas nun dos clubes que mantén INCUDE a través desta ligazón: https://www.chess.com/club/incude-cidu-abertos

19 marzo 2020

LIGA XADREZ ONLINE DAS MARIÑAS

LIGA XADREZ ONLINE DAS MARIÑAS
(Marzo de 2020)

Bases

O torneo estará aberto á participación de calquera xogador federado ou non que o dexese.

A inscripción será de balde.

Xogarase na plataforma online de chess.com. Polo que é necesario ter creada unha conta de xogo. Para se inscribir deberáse enviar un correo electrónico ao correo xdm@xadrecista.eu indicando nome, ELO FIDE, nick en chess.com e whatsapp de contacto. (Se ambos xogadores están de acordo en xogar a súa partida noutra plataforma tamén poden facelo)

Xogarase unha liga, a un ritmo de  15´minutos + 10´´seg por xogada.

Sistema de xogo:

A Liga Xadrez Online das Mariñas constará de varias divisións. Cos seus correspondentes ascensos e descensos de categoría para posteriores edicions.

Nesta primeira edición, farase unha orde de forza teórica segundo o ELO FIDE Rpd. Os seis primerios serán asignados á primeira división, os 12 restantes á segunda división. Nesta segunda división exitirán dous grupos A e B (tamen de 6 xogadores cada un) os xogadores restantes serán asignados alternativamente a un e outro grupo. O resto de xogadores pasarían a formar parte dunha terceira división.

Dependendo da cantidade de xogadores inscritos, poderase variar o sistema de competición, polo que a organización reservase o dereito a facer modificacións ao respecto, previo aviso neste espazo web e nos grupos de whatsapp.

Unha vez formalizadas as inscripcións (ata o domingo día 22 as 20:00) publicarase neste espazo (www.xadrezdasmariñas.org) a composición dos grupos e o cadro de roldas, asi como as respectivas actualizacións de resultados.

Horario de xogo previsto:

Fixase unha rolda diaria, ás 22:00. Posto que se publicará o calendario completo os xogadores poden adiantar de mutuo acordo a rolda e mesmo xogar mais roldas nun mesmo día, sempre que exista acordo dos xogadores.

Empezarase a xogar o luns día 23.

Ambos xogadores retaránse, respectando as cores indicadas no calendario, na plataforma que escollan e co ritmo sinalado de 15 + 10”. Unha vez rematada a partida, comunicaran o resultado por whatsapp ou correo electrónico.

No caso de incomparecencia dalgún dos xogadores, enviarase unha captura de pantalla onde se vexa o reto a ese xogador, e que non foi aceptado.

Sistema de ascensos e descensos:

Entre 1 e 2ª división.
Os dous últimos clasificados na primeira división descenderán de categoría para a vindeira edición. Ocuparán a súa praza os dous campions da segunda categoría.

Entre 2 e 3 división.
Os últimos clasificados da segunda división descenderán de categoría.
Os campións de terceira ascenderán a xogar en segunda división na próxima edición.
En caso de haber 4 grupos de terceira división, ascenderán os campions dos catro grupos, e descenderán os dous últimos clasificados dos dous grupos de segunda.

Os participantes autorizan a publicación dos seus datos nos diferentes medios de comunicación que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (listado de resultados, clasificacions, partidas, ,….).

A participación no campeonato, supón a aceptación destas bases.

Consulta mais actividades estas datas en www.xogandocoxadrez.eu